A Evolución en acción: a Biston betularia

A Biston betularia, ou bolboreta do bidueiro é un lepidóptero nocturno que durante o día descansa nas ramas ou troncos das árbores cubertas de líquenes de cor grisáceo. A cor branca sucio das ás contribúe a que sexan confundidas coa base sobre a que se pousan.

A mediados do século XIX comezaron a observarse cada vez máis exemplares de cor escura (melánicas), que foron denominados polos coleccionistas como “carbonarias”. en 1948 descubríase o primeiro exemplar preto de Manchester e en 1895 o 95% de todas as bolboretas de bidueiro eran da variedade carbonaria. Tres anos máis tarde, a proporción xa chegaba ao 99%. A este proceso, non exclusivo desta especie (afecta a unaas 200), senón que aparece en moitas especies de lepidópteros de zonas urbanas (o fenómeno da carbonaria tamén se observou en Westfalia e nas inmediacións de Hamburgo), mesmo antes da revolución industrial, chamoulla melanismo industrial. (Información moito máis detallada e, incriblemente, en español, tela na Sociedade Entomológica de Aragón).

Por aquela época deuse un curioso paralelismo: as bolboretas melánicas aparecían só nas zonas onde se asentou industria pesada. Actualmente, no norte e suroeste de Inglaterra segue dándose un 100% de variedades de cor clara. Cal é a relación entre un suceso e outro?

080517_biston_betularia.jpg

O investigador inglés H. B. D. Kettlewell, que estudou o fenómeno (1955 e 1956), partiu da hipótese de que xa antes do proceso de industrialización existían formas melénicas, como testemuñan antigas coleccións de bolboretas. Por que era precisamente nese momento cando comezaban a predominar?

Os exemplares de cor negor que existían antes da revolución industrial destacaban tanto sobre o fondo claro dos bidueiros, que rapidamente eran devorados polos paxaros. O xene mutado non podía imporse.

O aumento da contaminación nos centros industriais ingleses (estudos constatan que se depositaban 20 toneladas de hollín por quilómetro cadrado!) provocou un cambio: o oscurecimiento da cortiza dos bidueiros: agora eran as bolboretas normais, as claras, as que destacaban sobre o fondo e eran devoradas.

Si precindimos do concepto de mutación, a interpretación de Darwin sería bastante parecida. Pero a cuestión é si esta interpretación é correcta, si hai alguan outra observación que permita corroborala. Así, recorreuse a unha serie de estudos sobre o tema.

* Alimentouse a orugas de bolboretas claras con follas contaminadas de hollín e outros residuos industriais. As bolboretas seguían sendo claras, de modo que non era a contaminación a que provocaba o cambio.
* Fenotipos en orde crecente de oscuridad nos experimentos realizados mediante cruzamtos, a herdanza resultou seguir unha lóxica mendeliana (hoxe sabemos que as formas típica e carbonaria son dous extremos con varias formas intermedias que reciben o nome de “insularia”, cunha herdanza que implica cinco alelos nun só xene).
* Marcáronse con pintura bolboretas típicas e carbonarias en proporción 3:1, e soltáronse nun bosque contaminado de hollín. Ao cabo duns días, obtívose unha bolboreta clara e seis escuras. como experimento de control, nun bosque non contaminado, soltáronse ambos os tipos de variedades marcadas en proporción 1:1; ao recuperalas, o resultado foi dunha bolboreta escura por cada dúas claras.
* Observando a vida de ambos os tipos de bolboretas, viuse que os paxaros capturaban aquelas que máis destacaban. A carbonaria sobrevivía un 17% menos cando a contorna non estaba contaminada, mentres que tiña un 10% máis de posibilidades nas zonas industriais (hoxe asígnase á forma carbonaria unha eficacia biolóxica 1′5 veces maior, o que explica o seu rápido auxe inicial).

A principios do século XX estes resultados poderíanse explicar como certas mutacións que xorden como resposta das bolboretas, dando lugar ás formas carbonarias. Hoxe sabemos que esta interpretación lamarckista non é correcta. As formas melánicas tamén existen en zonas sen contaminación, de modo que o carácter aparece independentemente do medio. É o que se coñece co nome de mutación preadaptativa.

A Biston betularia foi moi importante no desenvolvemento da xenética de poboacións e da evolución en xeral. É un dos mellores exemplos de cambio por selección natural e, ademais, demostra que esta pode chegar a ser moi poderosa e rápida.

Que creedes vos?

Este post foi elaborado por Manuel González Troncoso no curso 09-10

 

Tags: ,