O Cólera:enfermidade do pasado ou do presente?

Cólera: é una enfermidade aguda, diarreica, provocada pola bacteria Vibrio cholerae, a cal se manifesta como unha infección intestinal. O Cólera é una das moitas enfermidades infecciosas que provocaron moitas mortes na antigüidade, esta en concreto nas primeiras décadas do século XIX.

O cólera foi pouco frecuente nos países industrializados durante os últimos 100 anos; no entanto, esta enfermidade aínda é común en outras partes do mundo, incluíndo o subcontinente Indio, sueste Asiático, Latinoamerica e África subsahariana.

Imaxen da bacteria:

imagen

 

Formas de contaxiala: unha persoa pode adquirir cólera bebendo líquido ou comendo alimentos contaminados coa bacteria do cólera. Durante unha epidemia, as fontes de contaminación mais peligrosa son xeneralmente os excrementos dunha persoa infectada. A enfermidade pode diseminarse rápidamente en áreas con tratamentos inadecuados de auga potable e augas residuais. A bacteria do cólera tamén pode vivir en ríos salubres e augas costeiras.

Os síntomas mais evidentes da enfermidade son:

  • Dor abdominal por irritación da mucosa
  • Diarrea acuosa cun número elevado de deposición
  • A diarrea acompáñase con vómito, o que provoca unha rápida perdida de auga e electrólitos (potasio), ocasionando unha rápida deshidratación.
  • Perdida de memoria
  • Cambras musculares
  • Hipotensión manifesta (pola gran perdida de líquidos), pulso débil
  • Aumento da viscosidade sanguínea por perdida de líquidos. Este, en suxeitos predispostos, pode derivar en complicacións como ictus, infartos, claudicación intermitente, isquemia mesentérica…

A miña fonte de información foi wikipedia.

Este vídeo esplica en carnes propias o que están vivindo moito as persoas en Angola con esta enfermidade:


Este post foi elaborado por Lorena Castro Bernárdez no curso 09-10

 

Tags: ,