Curiosidades sobre o sono e o descanso

Sabedes que a maioría dos deportistas olímpicos son uns grandes durmiñóns? Din que as medallas non só se conseguen entrenando intelixentemente e cunha boa alimentación, tamén se conseguen durmindo ben, así que aprende a durmir como un leirón olímpico.

imagen

1. Cantas horas hai que durmir ao día?

Cada persoa necesita unhas horas de sono en función do seu estilo de vida e idade.

A maioría das persoas pensan que se deben durmir 8 horas para descansar ben. Porén, un novo estudo afórranos unha hora de sono ao rebaixar o tempo a 7 horas.
Despois de estudar durante seis anos o descanso nocturno de máis dun millón de persoas, os resultados apuntan a que as que dormen 7 horas cada noite teñen unha taxa de mortalidade menor que as que dormen menos de seis horas ou oito horas ou máis.

Debemos ter unha actitude prudente, porque hai que considerar as características individuais de cada individuo, xa que cada persoa necesita unhas horas de sono en función do seu estilo de vida e idade.
Ademais tes que considerar a túa xenética, desde o nacemento os bebés dormen máis ou menos horas coa mesma idade, se desde pequeno durmiches máis horas que os demais, é porque o necesitas, así como ao contrario, se che abondan 6 horas ao día para sentirche ben, durmir máis pode diminuír a túa enerxía e facerche sentir mal.

2. Hai que irse á cama co estómago baleiro?

A fame é o mellor estimulante natural e manterache pola noite en vela, polo que debes evitar irte á cama sen cear ou con sensación de fame. Como é conveniente deixar un tempo entre a cea e a hora de irse á cama, se tes fame, podes tomar algo lixeiro antes de deitarte.

3. Cal é a cea perfecta para durmir?

Os expertos recomendan cear polo menos 90 minutos antes de irse durmir. A mellor cea debe ser rica en hidratos de carbono, baixa ou media en proteínas e carente de alimentos ricos en graxas saturadas e que provoquen gases que enlentecen a dixestión e non deixan durmir ben. Para favorecer o relax e axudarte a conciliar o sono as ceas máis indicadas serían:

- Pasta con queixo relado
- Tortilla francesa con queixo fresco e ensalada de leituga
- Ensalada de pauciños de cangrexo con millo, leituga, queixo cottage e pasas
- Polo con cebola e améndoas
- Arroz integral con gambas
- Batido de plátano e iogur con mel de sobremesa

4. Hai que durmir sesta todos os días?

Todos os estudos apuntan a que unha sesta breve de 10 a 20 minutos despois de comer axuda a mellorar o rendemento, se cho podes permitir, adiante coa sesta, especialmente se entrenas duro, verás que non só aumentará o teu rendemento intelectual no traballo, senón que asimilarás mellor os adestramentos e mellorarás fisicamente.

5. Por que durmimos mellor despois de tomar o sol?

En verán os días alónganse e resúltanos máis fácil erguernos descansados a pesar de durmir poucas horas. A explicación débese para ese fin dos raios UV do sol, que producen a liberación da hormona melatonina que regula os ciclos de sono.
Os niveis de melatonina en sangue son máis altos durante a noite, cando non hai luz. Cando hai luz, a melatonina descende e sentímosnos máis espertos e activos para aproveitar ao máximo as horas do día.


Este post foi elaborado por Uxía Martínez López no curso 2009-10

 

Tags: ,