Alerxia ao pole: un trastorno en aumento
De ser unha afección rara, a alerxia ao pole pasou a ser unha enfermidade que trae de cabeza a arredor do 20 por cento da poboación no noso país. Mentres que fai vinte anos era pouco menos que estraño detectar este tipo de alerxia nos nenos, a incidencia entre os máis mozos é cada vez maior. De feito, aínda que pode aparecer a calquera idade, adoita comezar na infancia e a adolescencia e a maioría das veces co paso dos anos chega unha lenta remisión dos síntomas, especialmente a partir da quinta ou sexta década de vida.
Hipersensibilidade ao pole:
Unha soa planta pode producir miles de grans de pole, de tamaño moito máis pequeno que a punta dun alfinete, o que lles converte en imperceptibles. Cando o pole que se encontra no aire penetra no organismo a través dos ollos, o nariz ou a boca, provoca unha reacción inmunolóxica que afecta principalmente ao aparello respiratorio. É o que se coñece como rinite alérxica, un proceso caracterizado por síntomas como proído nasal, moco acuoso, espirros frecuentes, enroxecemento do nariz e conxestión nasal e ocular. Á rinite pódese sumar ademais unha conxuntivite, é dicir, choricada e proído ocular, así como dor de cabeza e malestar xeral. Porén, non todas as persoas sofren estes síntomas coa mesma intensidade e, por veces, pódense chegar a confundir cos dun simple arrefriado.
O clima ten un peso moi relevante na alerxia ao pole. Nos días de chuvia os síntomas son mínimos debido ao coñecido ‘varrido atmosférico’. Polo contrario, o tempo cálido e con vento crea o escenario perfecto para que os síntomas se desenvolvan no seu total esplendor. En xeral, ao longo do día as maiores concentracións de poles danse pola mañá, cando o pole abandona as plantas e escápase ao aire, e ao atardecer, xa que ao arrefriarse o aire o pole tende a baixar desde as capas máis altas da atmosfera cara ao nivel do solo.
En case todo o mundo o principal responsable dos procesos alérgxicos é o pole das gramíneas. En España, a sensibilización ás gramíneas domina o Centro e o Norte da Península mentres que no litoral mediterráneo destaca a alerxia ao pole da maleza Parietaria xudaica e no sur a alerxia ao pole da oliveira.
Agora que se achega a primavera os que temos alexia ao pole deberemos ter máis cuidado.
Este post foi elaborado por Uxía Martínez López no curso 09-10
Tags: alerxia, enfermidades