Lupus Eritematoso Sistémico

Dende o punto de vista clínico, o lupus eritematoso sistémico, tamén coñecido como LES, é unha enfermidade de tipo inflamatorio, crónica e que pode afectar a todos os órganos e sistemas. É unha enfermidade autoinmunitaria , o cal significa que hai un problema coa resposta do sistema inmunitario normal do corpo.

O sistema inmunitario, en xeral, axuda a protexer o corpo contra substancias daninas, máis en pacientes con esta enfermidade, este sistema, non pode diferenciar entre as substancias boas e as malas. O resultado é unha resposta inmunitaria hiperactiva que ataca ás células e texidos, o que conleva a unha inflamación crónica prolongada. O seu curso clínico caracterízase por perídos de remisión e recaídas agudas e crónicas.

O termo lupus describe un eritema facial que foi descuberto fai centos de anos. O lupus é o termo latino que equivale a lobo. O creador do termo atopou que a distribución do eritema nas meixelas e no nariz semellábase á cara dun lobo. Debido a que o eritema presenta unha tonalidade avermellada, que tamén pode observarse noutras zonas do corpo, o termo eritematoso (que significa avermellado) incorporouse á denominación.

imagen

Hai evidencias de que na súa aparición e desenrolo, inflúen factores xenéticos, ambientais e hormonais.

Entre os factores ambientais implicados están os fármacos, os virus e a luz ultravioleta. Esta pode agravar a enfermidade, polo que se recomenda aos pacientes non expoñerse ó sol, senón permanecer dentro da súa casa durante as horas con maior exposición aos raios UV e cubrirse os brazos, as pernas e a cara cando saen á rúa.

O LES produce diversos síntomas secundarios, máis o que se atopa con maior frecuencia é a artritis que afecta ás articulacións das mans. Isto conleva nalgunas ocasiós a deformacións articulares. Outro síntoma é a afectación cutánea. A máis coñecida é o rash eritematoso constituído por placas e erupcións cutáneas que se extenden através do nariz e por enriba dos ósos malares que poden chegar a producir deformacións. Estas erupcións tamén poden aparecer na cabeza en forma de lesións avermelladas cubertas de costras que poden estar acompañadas da pérdida difusa do cabelo.

E vós, pensades que o LES é consecuencia principalmente dos fármacos e dos virus, ou dos factores ambientais como radiacións e contaminación entre outos?

A información conseguina nun libro que recibe o nome de: Enfermedades Autoinmunes


Este post foi elaborado por Fabiola Lamas Álvarez no curso 09-10

 

Tags: ,