Transtornos alimenticios na adolescencia
A obesidade, a bulimia e a anorexia están cada vez máis presentes entre os xóvenes comprendidos entre os 12 e 20 anos.
Neste post imos falar de unha delas: a anorexia, un transtorno do comportamento alimentario que consiste na perda voluntaria de peso por un desexo patolóxico de adelgazar e un intenso temor á obesidade.
Ao reducir o peso prodúcese unha desnutrición progresiva e transtornos físicos e nerviosos que poden ser moi graves e incluso levar á morte.
A desnutrición resultante provoca trastornos que reforzan o desexo de seguir adelgazando, meténdose dese modo nun círculo vicioso psíquico do que é moi dificil desprenderse.
CAUSAS
Nesta transtorno inflúen varios factores tanto físicos como psicolóxicos, familiares e sociais. Algúns dos factores considerados de risco son: ser xoven, ter antecedentes familiares, ter determinados rasgos de carácter como ser perfeccionista e exaxeradamente autocrítico, con autoexixencias demedidas e ríxidas; ou ter unha baixa aoutoestima; ter escollido algunha afición ou carreira que conceda unha grande importancia ao peso;
A moda e a publicidade incitan máis frecuentemente a adelgazar que a manter unha boa saúde!
Pero sen dúbida os factores socioculturais son moi importantes, entre eles:
- A presión social e mediática que existe aoredor da figura e do adelgazamento.
- A discriminación e a burla cara os obesos en tódolos ámbitos da vida social, escola, traballos, amigos…
- As campañas contra a obesidade que transmiten a idea equivocada de asociar unha mellor calidade de vida con manter unha figura delgada, favorecendo as dietas milagrosas e máxicas que en lugar de axudar poñen en risco a saúde.
- A falsa asociación do éxito, fama, beleza, xuventude coa delgadez.
OS SEUS SINTOMAS
Son moi variados, pero o máis destacado é a perda de peso e cambios na actitude respecto á comida, un baixo estado de ánimo e grandes cambios de humor, entre moitos outros.
QUE FACER?
A anorexia e a bulimia son dúas enfermidades con serias repercusións físicas e é moi difícil que a familia soa poida afrontar o problema.
O primeiro que hai que facer é acudir ó médico de atención primaria ou o pediatra, quen nos derivará ó especialista para facer un correcto diagnóstico e prescribir un tratamento axeitado. A mellor axuda é a terapia coa familia e o apoio do entorno máis próximo.
Dende logo, podemos ver a anorexia como algo moi habitual e criticado nas pasarelas de moda, que aínda que non resulte ético, moitas persoas pensan que esa maneira de vida que teñen as modelos é o mais axeitado.
Ante esta enfermidade o mellor é ter o apoio dos profesionais. Para as persoas que as padecen é moi dificil sair da súa visión do problema, para facelo é necesaria a axuda exterior, da familia, os amigos….É difícil para eles, e non se supera con facilidade, por iso precisan moita axuda.
Que pensades sobre este tipo de trastornos?
Que faríades se vos encontrásedes con alguén que sufre estes problemas?
A información é da páxina de “esmas.com”. Se queredes saber mais hai varias páxinas como:
http://www.dmedicina.com/ Con unha visión xeral.
http://www.monografias.com/ Unha monografía máis completa.
Este post foi elaborado por Arantza Pérez Correa no curso 09-10
Tags: alimentación, Anorexia, enfermidades