Técnicas de reproducción asistida en humanos

Nos humanos, a esterilidade (imposibilidade de ter un fillo) é un problema que afecta a unha alta porcentaxe de parellas.

As técnicas biomédicas de reproducción asistida constituíron unha grande axuda para estas parellas. As técnicas empregadas son:

  1. Inseminación artificial. Consiste na introducción artificial de seme no útero da muller. Require a estimulación hormonal da ovulación na muller, e a selección e concentración de espermatozoides móbiles desenvolvidos.
  2. Transferencia intratubaria de gametos. Transfírense os espermatozoides e os óvulos ás trompas de Falopio, onde se produce unha fecundación natural.
    1. Fecundación in vitro. Obtéñense ovocitos mediante punción trasvaxinal. Estes son fecundados con espermatozoides no laboratorio. Os cigotos obtidos cultívanse “in vitro” durante dous ou catro días. Despois introdúcense no útero da muller en estado de blastocisto. Nesta técnica obtéñense varios embrións, dos cales só se tranfiren algúns. Os demais consérvanse conxelados, o que permite realizar un novo implante se o primeiro non resulta eficaz.
    2. Inxección intracitoplasmática de espermatozoides. Pódese considerar unha variante da fecundación “in vitro”. Por micromanipulación introdúcese un só espermatozoide no ovocito. É empregada cando o número de espermatozoides é moi baixo ou ten pouca mobilidade.

imagen

Técnicas de reproducción asistida en animais.

A comezos do século XX, empezáronse a desenvolver técnicas de reproducción asistida en animais para a mellora xenética con fins económico-productivos. As diferentes técnicas son:

  1. Inseminación artificial. Extráese e conxélase o seme para implantalo na matriz da femia no momento da ovulación. É empregada no gando para aumentar a producción de leite ou carne
  2. Clonación de embrións. Realízase a partir do núcleo dunha celula adulta, como o caso da ovella Dolly, o mediante a división de embrións.
  3. Fecundación in vitro e tranferencia de embrións. Emprégase en animais con problemas de reproducción.


En moitas ocasións, estes embrións que non son empregados, son conxelados para a investigación médica e para que nun futuro sexan utilizados por alguén que os precise. Como consecuencia disto xorden diversos debates, baseados na bioética…e vós…estades de acordo con isto ou pola contra pensades que é inresante a investigación e a súa utilización?

Fontes: Bioloxía  4º da ESO. Edt: Xerais. Clínica santamaría.net. Portal youtube

Este post foi elaborado por Fabiola Lamas Álvarez no curso 09-10

 

Tags: