A deforestación
É a destrución a gran escala dos bosques pola acción humana; millóns de hectáreas son taladas ou queimadas, (aproximadamente o equivalente á superficie dun campo de fútbol cada dous segundos).
A deforestación avanza a un ritmo duns 17 millóns de hectáreas ó ano.
A deforestación non é o mesmo que a degradación forestal, xa que esta consiste nunha redución da calidade do bosque. Ámbolos dous procesos están vinculados e provocan diversos problemas. Poden producir a erosión do solo e a desestabilización das capas do subsolo nas que se acumula auga, o que a súa vez favorece ás inundacións ou sequías. Reducen a biodiversidade, isto resulta significativo nos bosques tropicais, que albergan boa parte da biodiversidade do mundo.
Os bosques desempeñan un papel clave no almacenamento do carbono, pois son onsiderados os pulmóns da Terra. Cando se destrúen, o exceso de dióxido de carbono na atmosfera contribúe ó quentamento global da Terra, e isto aporta multitude de efectos secundarios problemáticos.
Entre as principais causas da deforestación atópanse:
- A explotación forestal industrial
- A minaría
- A transformación dos bosques en terrenos agrícolas
- Os incendios
- As inundacións,
- A urbanización
- A construción de infraestruturas.
Tamén hai deforestación e degradación en zonas áridas e de montaña que posúen xa unha cuberta forestal limitada e son entornos fráxiles, expostos á erosión dos solos e outras formas de degradación, e onde as comunidades pobres dependen moito dos bosques para a súa alimentación, os seus combustibles e os seus ingresos. Os bosques higrofíticos tropicais e os bosques tropicais húmidos, que teñen importancia económica e social local e significación mundial para a conservación da diversidade biolóxica e a regularización do clima, están tamén experimentando unha rápida destrución. Entre as principais causas da degradación forestal nestes países destacan o excesivo acopio da leña, o sobrepastoreo, os incendios , as malas prácticas e o abuso no aproveitamento da madeira.
Aquí vos deixo un vídeo, no que se representa a deforestación en poucas palabras, e para que a xente se conciencie, de que a natureza non é un xogo, que unha vez que se perde non se recupera.
Esta información foi extraída da seguinte páxina, para máis información podes visitala:
http://www.proyectopv.org/1-verdad/deforestacion.htm
Este post foi elaborado por Laura Rodríguez no curso 09-10
Tags: medio ambiente, natureza