A perda de biodiversidade

No noso planeta enfróntase a unha acelerada desaparición dos seus ecosistemas e á irreversible perda de súa valiosa biodiversidade. Por diversidade entendemos a ampla variedade de seres vivos (plantas, animais e microorganismos) que viven sobre a Terra e os ecosistemas nos que habitan. O ser humano, o igual que o resto dos seres vivos, forma parte deste sistema e tamén depende de el. Ademais, a diversidade biolóxica inclúe as diferencias xenéticas dentro de cada especie e a variedade de ecosistemas.

Por que se perde a biodiversidade?

O home acelerou o proceso de extinción de especies de varias maneiras. No se trata dunha única causa senón de moitos motivos actuando á vez:

• Introdución de especies: Moitos homes truxeron o noso continente, e incluso seguen traendo, animais e plantas que son orixinarias doutros lugares. Basicamente o que pasa é que as plantas que traen ocupan o lugar das nativas e moitas veces a costa da desaparición de poboacións enteira.

• Caza furtiva: Moitas das nosas especies son obxecto dunha gran persecución ilegal porque teñen peles ou coros, ou simplemente porque algunhas persoas queren telos nas súas casas (tartaruga, aves, peixes, etc.). Algúns deses animais encóntranse ameazados ou en perigo de extinción..

• Sobrepesca: A pesca excesiva fai que cada vez haxa menos organismos, menos peixes adultos o que implica que va a haber menos reprodución y por lo tanto menos crías.

• Contaminación ambiental: Á contaminación do aire, auga e solo é outra das causas de la extinción de especies, xa que se contaminamos o seu entorno cada vez van a ser menos os que sobrevivan.

• Modificación de ecosistemas: Cando se producen cambios nos ecosistemas , as especies poden lograr sobrevivir. Si alteramos moito os ecosistemas é probable que os organismos que dependen del morran.

Causas da perda de biodiversidade

Entre moitas causas, podemos destacar a destrución, degradación e fragmentación dos hábitats; a introducións de especies exóticas; a explotación excesiva das especies e recursos; a contaminación da atmosfera, do solo e da auga; o cambio climático producido polo efecto invernadoiro, e a industrialización agrícola e forestal, que impulsa os monocultivos intensivos e provoca un aceleramento proceso de deforestación.

En conclusión, co paso do tempo vai empeorando a biodiversidade , e é preciso evitar a súa perda, xa que é un recurso imprescindible para alimentación, a industria farmacéutica e a obtención de materias primas.

Que solución encontras para este problema?

Aquí vos deixo un video moi interesante sobre a biodiversidade


A información foi sacada das páxinas ecopibes e proyectopv; e o video foi quitado de youtube (smartplanet)

Este post foi elaborado por Pilar Rodríguez no curso 09-10

 

Tags: