Para que serve a clonación?

Desenvolvemento da investigación en diversos campos:

Coñecemento da diferenciación celular e estudos con experimentos efectuados con animais clonados, xa que ao ser idénticos, os resultados non se verán afectados por diferenzas xenéticas.

Reprodución de animais transxénicos:

Coa clonación pódense conseguir animais aos que se lle eliminan os xenes que producen certas enfermidades para poder evitalas. Tamén se poden conseguir animais que portasen xenes que axudaran a unha mellor produción de leite ou carne.

imagen

Reprodución de animais en vías de extinción:

Grazas a clonación poderíase dar lugar a individuos de especies en perigo de extinción para asegurar a existencia da especie.

Aplicacións terapéuticas:

Algunhas posibilidades futuras son a produción de células humanas, células doadoras universais para tratar enfermidades. Outra posibilidade son os transplantes, xa que grazas a clonación, é posible producir tecidos ou órganos a partir de células nai humanas ou de animais manipulados xeneticamente.

Se queres saber máis sobre a clonación fai clic aquí. Nesta páxina da universidade de Navarra, podes atopar o que é a clonación, aplicacións da clonación, o exemplo da ovella Dolly e algunhas cousas máis.

Esta información saqueina da páxina da universidade de Navarra que está no enlace.

Este post foi elaborado por Estefania Martínez Pintos no curso 09-10

 

Tags: ,