Volcán Eyjafjallajökull

O 14 de abril de 2010 comezou a segunda erupción do volcán, pero esta vez, no cráter superior, no centro do glaciar o que provocou o desxeo deste e a consecuentes inundacións nos ríos próximos. Dado que a erupción do volcán se produciu baixo o xeo do glaciar, a lava expulsada sufriu un rápido arrefriamento, o que provocou que se formaran pequenos fragmentos de vidro que ascenderon dentro da columna de cinza, polo que a súa presenza nas capas altas da atmosfera é moi perigosa para os avións. Por este motivo, víronse afectados moitos aeroportos que se viron obrigados a fechar, e moitos voos procedentes de outros lugares tiveron que ser cancelados. Como  non se podía viaxar en avión a xente decidiu viaxar en tren e isto provocou un desbordamento de xente nos servizos ferrocarrís.

As cinzas emitidas polo volcán tamén afectan ao medio ambiente. Se as cinzas alcanzasen a estratosfera, podía producirse un descenso das temperaturas xa que as cinzas reflicten a radiación solar. Ademais a diminución do tráfico aéreo ocasionou un descenso das emisións de gases de efecto invernadoiro.

imagen

Fontes: el PAIS, wikipedia

Este post foi elaborado por Estefania Martínez Pintos no curso 09-10

 

Tags: