A illa das flores… ou o mundo ao revés

Cando están a piques de aparecer os primeiros post, relacionados ca temática ambiental e o desenvolvemento sostible.

Aquí temos un vídeo, que sen dúbida vos fará reflexionar.


Reflexionar sobre o seu significado, sobre o noso sistema de valores, sobre os dereitos dos cidadáns, sobre o noso mundo., sobre a Liberdade: (que ninguén explica pero non hai ninguén que non a entenda).
O texto está dirixido en ton irónico por Jorge Furtado a extraterrestres -que descoñecen todo sobre os seres humanos, o seu planeta, os seus sistemas económicos, as súas crenzas, as súas prioridades, o seu concepto de liberdade-.

Son doce minutos, pero non vos vades a arrepentir. Despois de velo, seguro que tedes algo que comentar. Que decides? Entra no foro aberto para falar desta curta.

No portal “porta curtas” de Brasil tamén podedes velo e atopar máis información sobre os premios, autores, comentarios e actividades relacionadas.

 

Tags: ,