O GEO 4
Durante a introdución do tema comentamos cousas sobre o GEO 4, gustaríame indicar algunhas características deste informe.
O GEO 4 é un proceso e unha serie de informes que analizan os cambios medio ambientales, as causas, os impactos e as políticas como resposta. Foi feito por petición do PNUMA, en 1995. Nel proporciónase información para tomar decisións e para capacitarse nos planos mundial e subrexional.
GEO é tamén un programa que ten como obxectivo a sensibilización sobre cuestións medio ambientales proporcionando opcións para a acción.
O GEO 4 ten diversos informes, tales como:
- Benestar humano e medio ambiente
- Medio ambiente para o desenrolo
- O aire que respiramos
- Cambio climático
- Terra e benestar humano
- Auga
- Biodiversidade e benestar humano
- África
Cada un de eses informes fala de situacións críticas nas que se encontra o mundo no que vivimos.
Para que este post sexa máis agradábel, engado un vídeo para unha maior comprensión dos principios básicos do GEO 4, e do estado actual do noso planeta. Eu recomendariavos que o vexades, posto que toda a información básica do GEO 4 está ahí moi ben resumida, e con unhas imaxes moi impactantes.
- Se queredes saber máis sobre o GEO 4 podedes acceder á paxina oficial da PNUMA, ou ver algunhas curtametraxes en Youtube.
Agora, unha pregunta:
Credes que toda a información que nos proporciona o vídeo sobre o hipotético futuro é completamente certa?
Esta entrada foi elaborada por David Alonso no curso 2010-11