Cómo se orixinaron os planetas e o sistema solar?

 imagen

Actualmente, a teoría máis aceptada sobre a creación do sistema solar e dos planetas é a teoría dos planetesimais. Esta, foi concebida entre os anos 1944 e 1950 por os astrónomos Weizsäcker (alemán) e Kuiper (estadunidense).

Esta tesis defende que hai uns 5000 millóns de anos os materiais da nebulosa comezaron a interactuar.

Isto provocou que a maior parte da materia da nebulosa se condensara e se agrupara na parte central do futuro sistema. A enorme forza gravitatoria desta masa central comprimiuna e quentouna ata que o seu núcleo conseguiu suficiente temperatura como para iniciar as reaccións termonucleares. Foi o nacemento do Sol.

As fortes emisións solares enviaron cara ao espazo unha boa parte da materia o resto quedou xirando ao redor do Sol, debido a súa gravidade, ata formar un disco aplanado.

Neste disco, os materiais máis densos dispuxéronse máis preto do centro. Posteriormente, no seo do disco apareceron concentracións chamadas planetesimais, que se dispuxeron en órbitas diferentes arredor do Sol e que comezaron a colisionar entre sí, destruíndose e volvéndose a xuntar máis tarde en corpos máis grandes con maior capacidade gravitatoria. Así, os planetesimais foron a xerme dos futuros planetas.

Os planetas que se formaron preto do Sol, con materiais máis densos, orixinaron os planetas interiores rochosos; os que se condensaron máis lonxe, con materiais lixeiros, convertéronse nos planetas exteriores gasosos.

Posteriormente, os planetas arrefriáronse e crearon unha atmosfera cos gases liberados, que só quedaron retidos nos planetas que presentaban unha gravidade importante.

Sabíades que fora así cómo apareceron os planetas?

Esta información saqueina do libro de CCMC de 1º de bacharelato e da enciclopedia virtual.

Esta entrada foi elaborada por Brais Fernández no curso 2010-11

 

Tags: