De onde vimos?

 O Big Bang é un modelo científico que nos trata de explicar a orixe que ten o universo e o seu desarrollo posterior a través dunha singularidade. Non é unha explosión, sinón unha expansión.

A teoría do Big Bang, depende das seguintes puntos e básase nos seguintes argumentos:

-A teoría da relatividade.

-O principio cosmolóxico.

-O principio de Copérnico.

-A universalidade das leis e da física.

A idea central desta teoría,  é a teoría da relatividade xeneral, que pode combinarse cás observacións de isotropía e homoxeniedad a gran escala da distribuición de galaxias e os cambios de posicións entre elas, permiten explorar condicións do Universo antes ou despois no  tempo.

Para chegar ó que hoxe en día é o modelo do Big Bang, custou moito,  xa que, moitos científicos entendidos, foron construíndo o camiño pouco a pouco. Desarrollouse a partir de observacións e de avances teóricos.

A teoría do Big Bang utiliza o postulado de Weyl para medir o tempo en calquera momento que queiramos do pasado. Segundo esta teoría, o universo creouse a partir dunha grande explosión do seguinte modo:

  1. Tanto a materia como o espazo e a enerxía, nun  principio estiveron concentrados no átomo primixenio, donde a densidade e a temperatura deberon de  ser moi elevadas.
  2. Este átomo expandiuse bruscamente nunha grande explosión e asi empezou a expandirse o universo: a enerxía empezou a afastarse en todas as direccións e toda esa enerxía transformábase en materia. A vez que se formaba a materia, orixinábase o espazo e o tempo.
  3. Fóronse xerando unhas partículas subatómicas, e máis tarde os átomos máis sinxelos de Hidróxeno e Helio .
  4. A medida que o universo se iba expandindo, a temperatura iba diminuíndo. A materia que se espallara en todas as direccións foise condensando, e así xurdiron todas as estructuras astronómicas: as nebulosas, as galaxias, as estrelas….

Vós que opinades de todo isto? Eu creo que na historia, os humanos ocupabamos moi pouco espazo no universo.

Aquí vos deixo un vídeo moi interesante:


Fontes:

http://www.ldi5.com/e/astro/e_bigbang.php

http://es.wikipedia.org/wiki/Teor%C3%ADa_del_Big_Bang

Libro de 1º de Bacharelato

Esta entrada foi elaborada por Leticia Domínguez no curso 2010-11

 

Tags: