A TECTÓNICA DE PLACAS


A teoría da tectónica de placas postula que a codia terrestre está formada por placas que son creadas nas dorsais oceánicas e destruídas nas zonas de subdución.

A tectónica de placas tivo a súa orixe na formulación da teoría da deriva continental de Alfred Wegener. Baseábase en catro tipos de argumentos: xeográficos, paleoclimáticos, paleontolóxicos e xeolóxicos.

- Xeográficos: Wegener observou que os distintos continentes parecían encaixar como as pezas dun crebacabezas.

-Paleoclimáticos: Wegener comprobou que uns tipos de rochas pertencentes a uns climas determinados se atopan agora en lugares moi afastados e con condicións climáticas diferentes entre si.

-Paleontolóxicos: Co estudo dos fósiles, Wegener observou que un mesmo animal aparecía en zonas moi distantes. Algúns científicos explicaron este feito coa suposta existencia de pontes de terra entre os continentes pero, ó final,esta teoría foi rexeitada e a teoría de que nun pasado os continentes estiveron xuntos formando Panxea foi collendo valor.

-Xeolóxicos:Wegener observou que algunhas cadeas montañosas tiñan continuidade a un e a outro lado do Atlántico.

Estes argumentos, cos cales Wegener pretendeu demostrar que os continentes estiveran xuntos nun pasado formando Panxea, seguen a ser válidos para a explicación da teoría actual da tectónica de placas, pero o fallo que tiña a teoría da deriva continental de Wegener era que non dicía por qué se movían as placas. Actualmente, isto explícase polas correrntes de convección que se dan no manto terrestre. Nestas correntes, os materias quentes do fondo do manto ascenden; ó entrar en contacto coa codia, arrefrían e afunden.

Actualmente, para apoiar a teoría da tectónica de placas hai tres argumentos máis:

- O paleomagnetismo: Comprobouse que o campo magnético terrestre variou ao longo do tempo. Os minerais de ferro que conteñen as lavas dos volcáns, cando arrefrían,  oriéntanse segundo o campo magnético  do momento. Estas anomalías coinciden a ambos lados da dorsal.

- A distribución global de volcáns e terremotos: Atópanse maioritariamente nos límites de placas.

- A media de desprazamento dos continentes: Os continentes sepáranse uns dos outros a varios centímetros por ano.

Como este é un post máis ben didáctico e non dá  lugar a que poidades opinar, vouvos plantexar unha pregunta e a ver se sodes quen de conestala:

Se a dorsal atlántica ten unha velocidade de creación de 14 cm ao ano, canto tempo tardará en xuntarse América co continente asiático?

Eu saquei a información das seguintes páxinas : dunha que está  orientada aos profesores chamada profesores en línea,   e da páxina da tectónica de placas de wikipedia.

Esta entrada foi elaborada por María Estévez no curso 2010-11

 

Tags: