Obxetivo, 2015!
A Declaración do Milenio…
…foi aprobada por 189 países e firmada por 147 xefes de estado e de goberno na Cume do Milenio das Nacións Unidas celebrada en setembro do 2000. Os obxetivos de desarolo do Milenio (ODM), son oito ambiciosos obxetivos que se intentan alcanzar para o 2015, nos que se atopa os oito principales problemas que afectan a sociedade a nivel mundial sobre todo nos países con escasos recursos económicos ou en vías de desenrolo.
Os 8 Obxectivos do Milenio son…
1.- Erradicar a pobreza estrema e a fame.
800 millóns de persoas acóstanse con fame cada día.
2.- Lograr o ensino primario universal.
Só 37 dos 155 países en desarolo alcanzaron o ensino escolar universal de ciclo completo.
3.- Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller.
As mulleres representan a mitade dos 40 millóns de persoas infectadas con VIH no mundo, e debido a súa vulnerabilidade en moitas sociedades de África, a cifra vai en aumento.
4.-Reducir a mortalidade infantil.
Nos países de baixos ingresos, un de cada 10 nenos morre antes dos 5 anos. Nos países máis ricos a cifra corresponde a un de cada 143.
5.- Mellor a saude materna.
Preto de 14 mil mulleres e xóvenes morren anualmente por causas derivadas do parto, 99 por ciento delas no mundo en desarolo.
6.- Combatir o VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades.
O VIH infectou a un número estimado de 4,8 millóns de persoas no 2003, ou sexa máis de 13.000 por día.
Cada segundo, o bacilo da tuberculosis infecta a unha persoa nalgún lugar do mundo.
7.-Garantir a sustentabilidade ambiental.
Os bosques están desaparecendo a un ritmo sen precedentes en todo o mundo, desprazando ós pobos indíxenas dos seus fogares nativos e apartandoos das súas formas de vida.
8.- Fomentar unha asociación mundial para o desarolo.
Para que os países pobres cumplan os sete primeiros obxetivos, é absolutamente fundamental que os países máis ricos cumplan coa súa parte do acordo; axuda efectiva, máis redución sostenibel da deuda e reglas de comercio máis xustas.
Estamos a falar dunha simple declaración ou estanse levando a cabo ditos obxectivos?
Esta pregunta é fundamental xa que contesta a todo o dito anteriormente, miña opinión é a seguinte:
Que aínda que se estéan a conseguir moitos avances aínda queda moito por facer, que de nada serve firmar un acordo mundial se despois non hai feitos que o avalen e de que sen a axuda de todos nunca podrase conseguir estes obxetivos.
WEBGRAFIA
1- POBREZACERO
2- WIKIPEDIA
3- IMAXES DE GOOGLE
Esta entrada foi elaborada por Emilio Nuñez no curso 2010-11
Tags: Desenvolvemento Sostible