As leis de Mendel.
Mendel foi abade no monasterio de Brünn (Chequia). Foi tamén, un naturalista, pioneiro na súa época, e que carecía dos coñecementos científicos actuais. En 1865, formulou as primeiras leis hereditarias, grazas aos seus descubrimentos despois de ter diferentes plantacións vexetais.
A sua Primeira lei, a Lei da Uniformidade: Esta lei di que si se xuntan dous híbridos (homocigotos) na primeira xeración (F1) todos seus descendenes serán iguais.
Para descubrir isto, Mendel levou a cabo un experimento, traballou cunha variedade pura de guisantes, uns producían as sementes amarelas e outros verdes. Ao facer o cruzamento destas plantas, obtiña sempre sementes amarelas (na F1)
Mendel deduciu disto que na planta había un alelo dominante (A) e outro recesivo (a) e sempre, na primeira xeración, se manifestaba exclusivamente o dominante.
Pero, nesta lei hai un erro, ou máis ben unha característica que non se compre totalmente. No caso da planta “dondiego de noite” (Mirabilis jalapa), ao cruzar a planta da variedade vermella coa da variedade branca, da como resultado un “dondiego”rosado:
A segunda lei de mendel é a da separación de alelos. Nesta, o abade cruzou entre si os híbridos da primeira xeración filial (F1) obtendo a segunda xeración filial (F2), estes descendentes eran diferentes ós da primeira xeración. É dicir, os caracteres que se mostraron na segunda xeración foron diferentes ós da primeira. Isto sucedeu porque había dous alelos diferentes para cada cor da semente, e estaban presentes nos individuos da primeira da primeira xeración filial, na que se meanifestaba só un dos alelos, o dominante. Cando o individuo de fenotipo amarelo e de xenotipo Aa, forma os gametos, sepáranse os alelos, de forma que en cada gameto haberá só un dos alelos explicando así os resultados obtidos.
Ocorre o mesmo se xuntamos a primeira xeración filial dos nosos “dondiego”, neste caso obteremos una descendencia heteroxenea de plantas vermellas, rosas e blancas.
A terceira lei de Mendel, a lei da herdanza independente de caracteres, fai referencia ó caso de que se contemplen dous caracteres distintos. É dicir, se antes comparabamos só as cores da semente agora compararemos tamén a as súas rugosidades. Estes transmítense seguindo as leis anteriores, independentemente do outro caracter.
Para descubrir isto Mendel organizou o seguinte experimento: cruzou plantas de guísantes de sementes verdes e rugosas e sementes amarelas e lisas, homocigotos as dúas para cadanseus caracteres.
Asombrosamente, as plantas obtidas neste cruzamento eran todas amarelas e lisas xa que respondían a primeira xeración filial (F1)
As plantas obtidas, agora chamadas dihíbridas, volven a cruzarse entre si. O que sucedeu nesta ocasion foi que a descendencia obtida mostraba todas as posibilidades de mestura de xenes, en diferentes proporcions, do mais ao menos dominante.
Realmente, creo que as leis de Mendel nos axudan bastante a entender a xenética e tamén que son unhas leis bastante adiantadas a súa época. E vós, que credes?
Para que vos fagades unha mellor idea do qe son as leis de Mendel, deixovos aqui este video ou tamén podedes buscar información nas seguintes páxinas:
wikipedia: as leis de Mendel ou Gregor Mendel.
Eqipo de docencia e investigación, UBA
tamén en Google Imaxes.
Esta entrada foi elaborada por Samanta Vazquez no curso 2010-11
Tags: As leis de Mendel