O “home de Flores”, moi próximo a nós.
O Homo floresiensis é un homínido que habitou na Illa das Flores fai entre 12 000 e 18 000 anos (non concretado). A Illa de Flores é una illa que se atopa en Indonesia que presenta unha fauna particular, onde ”O home de Flores” conviviu dende con lagartos xigantes e elefantes ananos ata con ratas xigantes.
Foi sinalado como o antepasado máis recente do Homo erectus. H. floresiensis puido ter coexistido cos H. sapiens, e ata puideron interactuar durante 10 000 anos. A súa extinción crese que estivo relacionada cunha erupción volcánica en Flores ou á derrota pola loita por alimento ante os sapiens.
Era de tamaño moi pequeno, similar a un neno de tres anos, e moito máis anano co Homo erectus. Calcúlase aproximadamente que medía 1 metro como os chimpancés e que pesaba uns 25 Kg, consecuencia do limitado aporte alimentario da Illa das Flores. O seu cerebro era tamén moi pequeno. Ademais posuía brazos relativamente largos, que lles permitían trepar. A ausencia de depredadores considérase unha das causas do seu ananismo xa que ao non haber depredadores non estiveron tan sometidos á selección natural. O home das Flores combinan carácteres de diferentes especies: teñen o cerebro do tamaño dun chimpancé, os ósos aseméllanse aos do primate prehumano Australopithecus e o seu rostro é pequeno e delicado, como o dos seres humanos.
Para rematar só vós plantexo unha cuestión : Cal sería a vosa reacción ante a aparición dun novo homínido nunha illa descoñecida? Credes que cambiaría algo as nosas teorías da evolución?
A continuación tedes unha estimación sobre ”O home das flores “
As páxinas das que me axudei para realizar o post foron as seguintes :
http://nephiliman.com/anomalies_pygmies.htm
http://www.esacademic.com/dic.nsf/eswiki/398005
http://es.wikipedia.org/wiki/Isla_de_Flores_(Indonesia)
http://es.wikipedia.org/wiki/Homo_floresiensis
Esta entrada foi elaborada por Eva González no curso 2010-11