O mundo dos organismos transxénicos

imagen

Un organismo modificado xeneticamente (OMG) é aquel cuxo material xenético é manipulado en laboratorios onde foi deseñado ou alterado deliberadamente co fin de outorgarlle algunha característica específica. Comunmente denomínaselles transxénicos e son creados artificialmente en laboratorios por enxeñeiros xenéticos.

As técnicas de enxeñería xenética que se usan consisten en illar segmentos do ADN (material xenético) dun ser vivo para introducilos no xenoma (material hereditario) de outro. Ao ser a manipulación no material xenético este é hereditario, é dicir, transfírese as seguintes xeracións.

A enxeñería xenética aplícase en microorganismos, en animais e en plantas.

Para os partidarios da enxeñería xenética existen as seguintes vantaxes: melloras no proceso industrial, vantaxes para o consumidor (produción de novos alimentos e vacinas contra enfermidades), vantaxes para os agricultores (maior produtividade e produtos máis resistentes ás adversidades), vantaxes para o ambiente (simplificación do uso de produtos químicos contra as pragas) e a creación de novos materiais (ex: plásticos biodegradables).

Por contra, estas técnicas teñen tamén os seus inconvenientes: provocan problemas de saúde, os xenes incorporados poden ter resistencia aos antibióticos, maior nivel de residuos tóxicos nos alimentos, posibilidade da aparición de novas alerxias, deterioran o medio ambiente, destrúen a agricultura familiar e poden alterar a evolución das especies.

Ao respecto, a Organización Mundial da Saúde di que os alimentos xeneticamente modificados que están no mercado foron avaliados individualmente e que polo tanto non teñen que provocar efectos negativos.

A pesar do que di a OMS, asociacións ecoloxistas cómo Greenpeace esixen a prohibición da enxeñería xenética, sobre todo a que afecta os alimentos porque reitera nos inconvenientes antes citados.

Eu penso que os organismos transxénicos deberían estar prohibidos, porque provocan máis inconvenientes que vantaxes, e ademais creo que o único que se busca con eles e gañar máis diñeiro. Ademais, penso que as persoas deberíamos estar máis informadas sobre este tema.

Ti que pensas? De que lado te sitúas, dos que defenden as súas vantaxes ou do dos ecoloxistas?

Esta información saqueina de wikipedia e dunha páxina de greenpeace sobre os transxénicos.

Esta entrada foi elaborada por Brais Fernández no curso 2010-11

 

Tags: ,