Que estilo de vida levas?

O Estilo de vida ou o modo de vida é unha expresión que se aplica de maneira xeral, como equivalente á forma de vida cotiá, pero tamén na vivenda e no urbanismo, na  relación cos obxectos e a posesión de bens, na relación co entorno ou nas relacións persoais.

Xeralmente, o estilo de vida, hábito de vida ou forma de vida é un conxunto de comportamentos ou actitudes que desenrolan as persoas, que a veces son saudables e outras veces nocivas para a saúde. Isto inclúe a forma das relacións persoais, do consumo, da hospitalidade e a forma de vestir, as actitudes, os valores ou a visión do mundo dun individuo. Nos países desenvolvidos os estilos de vida pouco saudables son os que causan a maioría das enfermidades.

Ao falar de estilo de vida saudable, referímonos a comportamentos que diminúen os riscos de enfermar como: un adecuado control e tratamento das tensións e emocións negativas; un bo réxime de exercicios, sono e distracción; o control e a evitación do abuso de substancias como cafeína, nicotina e alcohol; e una correcta distribución e aproveitamento do tempo…

Algúns consellos para mellorar a nosa alimentación e levar unha vida saudable son:

1.       Manteña o seu peso dentro dos límites normais.

2.       Tome, polo menos, cinco racións de froitas e de verduras ao día.

3.       Consuma máis pan, arroz e pasta de variedade integral.

4.       Consuma peixe varias veces á semana.

5.       Tome menos graxa, especialmente a de derivados cárnicos e de lácteos.

6.       Reduza progresivamente o consumo de sal.

7.       Limite a inxestión de azucre, especialmente o que provén das bebidas refrescantes, lambetadas e pasteis.

8.       Beba auga para manter un adecuado nivel de hidratación.

9.       Antes de elixir os alimentos, consulte a etiqueta nutricional dos produtos envasados.

10.   Consuma gran variedade de alimentos

A alimentación é un dos factores primordiais para alcanzar un estilo de vida saudable capaz de lle asegurar ao individuo o nivel óptimo de saúde física e mental. Os alimentos poden darnos un importante pracer e tamén son un reflexo da nosa cultura. Mais o que comemos pode aumentar o risco de padecer doenzas, sendo a primeira causa de morte en países desenvolvidos.

Na maioría dos países industrializados houbo enormes cambios nos hábitos alimentarios. Algúns aspectos desta evolución foron realmente positivos, como os mellores procesos de conservación. Mais, outros afectaron negativamente e desenvolveron as enfermidades dexenerativas como a obesidade, a hipertensión, as enfermidades cardiovasculares, a diabete, a malnutrición…

Calcúlase que hai 30 millóns de persoas obesas no mundo independentemente dos factores xenéticos, sábese que a obesidade débese polo consumo dunha dieta hipercalórica e dunha vida sedentaria. A obesidade a parte de provocar  un problema de saúde por si mesmo, é un factor de risco para outras enfermidades como a diabete, a hipertensión arterial, a enfermidade coronaria, a enfermidade cerebrovascular…

Eu penso que o problema da obesidade é un problema importante que non só afecta a persoas adultas, senón á maioría dos nenos pola mala alimentación debido á gran cantidades de alimentos pouco saudables que hai no mercado. A continuación deixo un vídeo no que unha investigación sobre este tema móstranos o que debemos consumir e evitar de consumilo os nenos.


Que opinas de todo isto? Estas de acordo comigo?

Fontes:http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=61012

Esta entrada foi elaborada por Uxia González no curso 2010-11

 

Tags: ,