Nenos perfectos mediante DXP?

O diagnóstico xenético preimplantacional (DXP) é unha técnica que se utiliza en reprodución asistida coa finalidade de detectar anomalias xenéticas no embrión. Permite seleccionar aqueles embrións libres de anomalías cromosómicas e mutacións xenéticas. Os seus obxectivos son asegurar unha descendencia sa e acabar coa transmisión dunha determinada patoloxía xenética.

O primeiro paso é un estudo exhaustivo por parte dos xenetistas e biólogos moleculares de cada caso en particular. Posteriormente, establécese a estratexia diagnóstica, individualizada para os futuros embrións . Completada esta primeira fase iníciase o ciclo de DXP propiamente dito.

A parella debe realizar un tratamento de Fecundación In Vitro . Debemos esperar tres días para que os embrións resultantes do proceso se dividan ata o estadio de seis ou oito células. Neste momento realizarase a biopsia embrionaria extraendo unha única célula (blastómero). A célula extraída será analizada no laboratorio de bioloxía molecular e os embrións biopsiados permanecerán no cultivo ata a obtención do diagnóstico xenético. O obxectivo é transferir embrións sans e evolutivos que darán lugar a unha xestación con total normalidade.

Está indicado para persoas con enfermidades hereditarias autosómicas ou ligadas aos cromosomas sexuais, portadores de alteracións cromosómicas estruturais, para persoas con abortos de repetición, para persoas con fracasos previos en fecundación in vitro, para persoas en idade materna avanzada e algunhas máis.

A continuación tedes un vídeo que explica os pasos do DXP.


En conclusión, eu creo que esta técnica pode axudar a moitas persoas que encontran moitos atrancos á hora de ter un fillo pero tamén, como non, trae consigo moitos debates éticos como o de que se estes nenos son que escollidos serán perfectos. E esta suposta perfección traerá consigo outros problemas éticos. Encontrei unha paxina moi interesante do Instituto Bernabeu de xinecoloxía do cal saquei moita información. Tamén vos aconsello que visites a paxina da revista reprodución asistida, recomendada pola tve.

E vos que opinades? Que pensades deste novo método para ter fillos?

 Esta entrada foi elaborada por Pedro Ojea no curso 2010-11

 

Tags: , ,