Buratos de gusano

Un burato de gusano é unha hipotética ponte espacio-temporal, que sería coma un atallo através do espacio e do tempo, e dicir, conectaríanse dous extremos do universo a traves dunha gorxa ou túnel que permitiría viaxar dun a outro.

Ludwig Flamm foi o primeiro científico en advertir a presencia destes buratos no espacio-tempo. O burato de gusano sería a constatación dunha cuarta dimensión espacial, unha dimensión non perceptible e que permitiría acortar as distancias no espazo.

Burato de gusano

Os buratos de gusano permitirían viaxar por riba da velocidade da luz pero sin superar esta en ningún momento, é dicir, tal como se mostra na imaxe superior, se un raio de luz fixera o percorrido que sinala a frecha vermella e outro corpo fixera o recorrido da frecha verde, a través de burato de gusano, a unha velocidade menor pero o suficientemente alta para chegar antes que o raio de luz, este corpo estaría superando en velocidade a luz, xa que partindo dun mismo punto e chegando ó mismo punto e seguindo ambos unha teórica liña recta o corpo da frecha verde chega antes.

O descubrir unha forma de crear burtos de gusano daríanos a posibilidade de acurtar as distancias dende o noso planeta ó resto do universo, desta maneira poderíamos investigar máis e coñecer mellor o noso universo. Numerosos científicos saben disto, e existe un grupo deles que asegura que se pode crear un destes buratos a través da forza electromágnetica, isto afirmouno un grupo de centíficos da Universidade de  Rochester.

Se isto finalmente se conseguise, podería ser un gran paso adiante para as viaxes espacias e para coñecer o universo que nos rodea.

Wikipedia

Cienciapopular

Physical Review Letters

Este post foi elaborado por  Hector Sierra no curso 2011-12

 

Tags: ,