O teléfono móbil

Os inicios do teléfono móbil tiveron lugar na segunda guerra mundial cando era necesaria a comunicación a distancia entre as tropas; para comunicarse motorola creou  un equipo chamado Handie Talkie H12-16 que permitía o contacto das tropas vía ondas de radio.

Handie Talkie H12-16

Durante este período se comezaron a mellorar as características deste sistema que permitía a comunicación a distancia. Foi en 1980 cando se crea o primeiro telefono móbil que ía destinado a grandes empresarios que necesitaban estar comunicados.A medida que foi pasando o tempo o teléfono móbil se foi facendo máis accesible para as persoas, e tamén co paso do tempo os teléfonos non solo permitía falar que si non tamén permitían mandar mensaxes, quitar fotos, gravar vídeos,…

INICIOS DO TELÉFONO MÓBIL: os primeiros sistemas de telefónia móbil civil se empezaron a desenrolar a finais dos anos 40 en Estados Unidos pero estes eran moi grandes, polo que estaban destinados o uso a bordo de vehículos, e tamén eran moi custosos.

teléfono móbil nun coche

Xeracións de teléfonos móbiles:

-Primeira Xeración(1 G): Os móbiles aínda eran algo grandes e aparatosos pero xa podían ser transportados polas persoas.

-Segunda Xeración(2 G): nace en 1990 e ten como principal suceso a dixitalización das comunicacións, con isto se mellora a calidade da voz, a seguridade , e se simplifica a fabricación dos terminais facendoos máis pequenos e portátiles.

-Xeración de Transición(2.5 G): se incluen novos servizos como EMS (servizo de mensaxería  mellorada ), MMS(sistema de mensaxería multimedia), GPRS( permite velocidades desde 56Kbps ata 114Kbps), e EDGE( permite velocidades de datos de ata 384Kbps).

-Terceira Xeración(3G): nace da necesidade de aumentar a capacidade de trasmisión de datos para ofrecer servizos como a conexión a internet, se crea o UMTS que permite alcanzar velocidades desde 114 Kbps ata 7.2 Mbps.

-Cuarta Xeración(4G): esta será a evolución tecnolóxica que lle ofrecerá o usuario de telefonía móvil un maior ancho de banda que permitirá, entre moitas cousas, mirar a televisión en HD. O teléfono  móbil supuxo que as persoas se puideran comunicar dende calquera parte do mundo(si hay cobertura) podendo  levar o móbil  consigo , e agora cos avances que hai na tecnoloxía tamén se poden grabar vídeos, navegar por internet…

Fontes de informacion: Wikipedia

Imaxes sacadas de:  elpais.com xatakamovil.com

Este post foi elaborado por  Hector Sierra no curso 2011-12

 

 

Tags: