Casos de caníbalismo na especie humana

En todas ou case todas as especies de homínidos rexistráronse casos de caníbalismo en algún lugar ou algunha época da súa existencia.

imagenimagen

Un dos primeiros casos rexistrados de caníbalismos coñeceuse nas excavacións de Atapuerca, na que encontráronse ósos humanos con marcas de coitelos e xunto os ósos de outros animais que formaban parte da dieta de éstos. Que os ósos aparécesen desta forma implica que non era un caníbalismo nin cultural nin de supervivencia, polo que se pode decir que o Homo antecessor formaba parte da dieta do Homo antecessor.

En épocas máis recentes encontramos casos de caníbalismos en numerosas tribus tanto de África coma de América, pero este tipo de caníbalismo non solía ser un canibalismo como o de os nosos antecesores, máis ben tratábase de canibalismo cultural, ou en certos casos de supervivencia. Unha das tribus que  máis desenrolou esta práctica foi a tribu dos guaraníes, situados en Sudámerica na época anterior a chegada dos europeos e durante aproximadamente un século máis.

Un dos casos máis afamados de canibalismo da actualidade foi o do “Milagro dos Andes”, o caso dun equipo de Rugby uruguaio que se estrelou na cordilleira dos Andes o 13 de Octubre de 1972 e tivo que aguantar 72 días a temperaturas de entre 25º e 40º baixo cero e sen ningunha comida nin roupa adecuada para as temperaturas ás que se enfrentaban. Cando se quedaron sen comida decidiron alimentarse dos corpos dos seus compañeiros mortos, polo que conseguiron sobrevivir ata que os rescataron.

Hoxe en día vemos o caníbalismo como algo moi afastado ou de xente con problemas psicolóxicos, pero que farías ti se te encontrases na mesma situación ca eles?

Fundación Atapuerca (Sección canibalismo)

 Wikipedia (Canibalismo)

Wikipedia (Milagro dos Andes)

Este post foi elaborado por  Hector Sierra no curso 2011-12

 

Tags: ,