Smilodon

O extinguido tigre dentes de sable ou Smilodon da familia dos macairodontinos que viviu en América(apareceu en América do Norte a finais do Plioceno, e se extinguiu en América do Sur durante o Gran intercambio americano) foi un dos grandes triunfos evolutivos dos mamíferos depredadores. Estes felinos carnívoros pesaban uns 300 kg e tiñan os colmillos superiores moi desenvolvidos, asemellándose a un sabre curvo, estes eran moi fráxiles. A dentadura estaba reducida ao mínimo indispensable para apuñalar, desgarrar e cortar, cumprindo así coa súa tarefa de predador carnívoro.Tamén tiñan un olfato moi desenrolado e unhas extremidades moi fortes.

Smilodon

A forma de vida destes animais foi evidenciada grazas ao descubrimento de especímenes adultos que presentaban fracturas de costelas, patas e ata cadeiras. As mesmas estaban soldadas e parece que o animal puido continuar a súa vida a pesar de devanditas lesións, afirmándose entonces que eran animais que vivían en mandas onde os exemplares enfermos ou magoadas eran alimentados e coidados polos demais membros do grupo. Do mesmo xeito que o fan os leóns de hoxe.

Cráneo dun Smilodon

O tamaño do Smilodon era maior que o de calquera outro félido actual ou prehistórico chegando a 2 metros e medio de longo e máis de 200 kg de peso, tamaño que lles permitían cazar bisontes, cabalos primitivos, mastodontes e mamuts. Quizá foi tal “especialización á caza” a causa da súa extinción; cando os Andes se elevaron e o clima global cambiou,  as súas presas desapareceron, e el, ao non poder cazalas, tamén desapareceu.

Imaxes sacadas de : todomardeajo e farm1

Fontes: wikipediatigresdinoguia.com

Este post foi elaborado por  Hector Sierra no curso 2011-12

 

Tags: