Raphus cucullatus (Dodo).

 O Dodo foi un lendario paxaro endémico da illa e Republica Mauricio, que se encontra ao leste de Madagascar, visto por última vez na década de 1680. Este paxaro tiña a particularidade de camiñar en vez de voar.

imagen

Os dodos deixábanse atrapar con facilidade, de aí a súa fama de paxaros parvos e esta razón tamén padería ter sido a causa do seu nome. A palabra arcaica holandesa dodoor significa “lacazán” e a palabra portuguesa doudo quere dicir “tontorron”. É posible, tamén, que dodo sexa unha imitación do canto do animal. Os holandeses tamén preferían a ave como dodarsen, que podería significar “colo gorda”.

Segundo uns analises realizados por diferentes científicos, demostrouse que o dodo descende das palomas. Algúns expertos cren que a pomba de Nicobar saíu da India hai ao redor de 5 millóns de anos e ao ser expulsada polos ventos Alisios fixo escala nas illas volcánicas de Mauricio e Rodrígues, lugar onde se separou en dúas liñas de descendencia. Mediante unha liña produciuse a ave coñecida como Solitario de Rodrigues e a outra deu como resultado ao Dodo de Mauricio. Ambas as dúas aves non tiñan a posibilidade de voar.

Moitos cren que os dodos eran aves parvas, pero era simplemente un animal que no seu proceso evolutivo perdera todo o medo ao seu ámbito.

No século XVII estas aves extinguíronse porque os gatos e ratos introducidos polos colonizadores depredaban os seus ovos e pitos e tamén debido aos incendios provocados destruían os seus hábitats.

E aquí un claro exemplo de como as persoas somos as responsables de que desaparezan moitas das especies animais do Terra.

  • Fontes de información:

Faunatura: Contidos.

Taringa: Imaxe

Este post foi elaborado por Brian Villar no curso 2011-12    

 

Tags: