O antibiótico.

Os antibióticos, ou axentes antimicrobianos, son sustancias (obtidas de bacterias ou fungos, ou ben obtidas de síntese química) que se empregan no tratamento de infeccións.

O termo antibiótico foi proposto por Wasman, descubridor da estreptomicina, para definir sustancias dotadas de actividade antimicrobiana e extraídas de estruturas orgánicas viventes.

A elección dun ou outro antibiótico no tratamento dunha infección depende do microorganismo, a gravidade da enfermidade e os antecedentes de alerxia do paciente.

imagen

 Tipos de reaccións:

  •  Alerxia. Moitos antibióticos producen erupciones na pel e outras manifestacións de alerxia (febre, artrite, etc), nun pequeno número de persoas predispostas.
  •   Disbacteriosis. Ao eliminar tamén bacterias “boas” (de presenza desexable no tubo dixestivo) poden producir dor e picor na boca e a lingua, diarrea, etc.
  •   Sobrecrecimientos. Algúns antibióticos eliminan unhas bacterias pero fan crecer outras bacterias ou fungos.
  •   Resistencias. As bacterias intentan facerse resistentes rapidamente aos antibióticos, e a administración continua ou repetida de antibióticos para enfermidades menores favorece a aparición destas resistencias.
  •  Toxicidade. Os antibióticos poden danar os riles, o fígado e o sistema nervioso, e producir todo tipo de alteracións nos glóbulos do sangue.

Os antibióticos son un gran descubrimento, xa que grazas a eles podense curar unha gran diversidade de enfermidades.

Biblioteca Nacional de medicina de EE.UU

Biografía do antibiótico

Este post foi elaborado por Moises González no curso 2011-12

 

Tags: