Australopithecus garhi

- Os primeiros homos: Non se sabe con certeza que especie orixinou os primeiros membros do xénero Homo; propuxéronse a A. africanus, A. afarensis e A. garhi, pero non hai un acordo xeral. Tamén se suxeriu que Kenyanthropus platyops puido ser o antepasado dos primeiros Homo.

 Clasicamente considéranse como pertencente ao xénero Homo os homínidos capaces de elaborar ferramentas de pedra. No entanto, esta visión foi posta en dúbida nos últimos anos; por exemplo, suxeriuse que Australopithecus ghari, fai 2,5 millóns de anos foi capaz de fabricar ferramentas. As primeiras ferramentas eran moi simples e encádranse na industria lítica coñecida como Olduvayense . As máis antigas proceden da rexión de Afar (Etiopía) e a súa antigüidade estímase nuns 2,6 millóns de anos, pero non existen fósiles de homínidos asociados a eles;Desta fase describiuse dúas especies, Homo rudolfensis e Homo habilis, que habitaron África Oriental entre 2,5 e 1,8 millóns de anos atrás, que ás veces se reúnen nunha soa.

 -O Australopithecus garhi é unha especie de homínido extinguido que habitou na zona da actual Etiopía fai uns 2,5 millóns de anos. Os seus restos fósiles descubríronse en 1996 por un grupo de investigación dirixido polo paleontólogo etíope Berhane Asfaw e o antropólogo norteamericano Tim White.

 Inicialmente creuse que era o elo perdido entre os xéneros Australopithecus e Homo, e por tanto un devanceiro a nosa especie. Con todo A. garhi é máis avanzado que calquera outro australopiteco, e unha especie contemporánea, ou case  das especies ancestrais de Homo, por tanto non é probable que sexa un devanceiro humano. Tim White foi o científico que achou o primeiro dos fósiles de A. garhi en 1996 preto da cidade de Bouri, no río Awash medio da Depresión de Afar en Etiopía e dise que o  nome da especie “garhi” significa “sorpresa” na lingua local Afar.

- As principais características desta especie son: brazos curtos,a cara na súa porción inferior proxéctase cara adiante, a caixa cranial é pequena e presenta un esbozo de crista. A capacidade cranial de A. garhi é de 450 cc, parecida á doutros australopitecos  , os trazos da súa mandíbula achéganse máis aos do ser humano que aos do mono e crese que foron os primeiros seres vivos en utilizar utensilios de pedra que lles servían para cazar.Atopáronse restos de animais á beira dos fósiles desta especie, que ao parecer foron descarnados por ferramentas de pedra, polo que se cre que foron cazados polo Australopithecus garhi para alimentarse dos nutrientes destes animais.

imagen

   -Os seus restos, tamén supuxeron que o A. garhi era capaz de camiñar ergueito e que garda semellanza con outra especie, a do Australopithecus afarensis, da cal o esqueleto máis famoso é o chamado Lucy. Este fósil foi atopado en Etiopía polo estadounidense Donald Johanson no ano 1974 e trátase do esqueleto dun homínido dun metro de estatura máis ou menos, de aproximadamente 27kg.e duns 20 anos de idade. Sábese que era femia e que ao parecer tivo fillos.

Opinion persoal:-O descubrimento deste grupo de científicos, paleontólogos e antropólogos deu lugar a un paso máis para coñecer unha especie descoñecida para os seres humanos, a cal parece ser a primeira en utilizar utensilios de pedra que utilizaban para cazar e poder alimentarse.

  fontes empregadas: wikipedia, ciencia en África,archeologyinfo.com.

Este post foi elaborado por  Marcelino Rodríguez no curso 2011-12

 

Tags: , ,