É mellor previr que curar

Unha forma de adquirir unha resistencia activa a certas enfermidades é a través da inmunización artificial: unha vacina. Ó organismo  inlléctanselle xermes de esa enfermidade que foron tratados no laboratorio para facelos inofensivos, ou case inofensivos, pero que bastan para estimular a producción de anticorpos específicos que lle farán adquirir a inmunidade.

vacina

Hai catro tipos tradicionais de vacunas:

  • Inactivadas: microorganismos dañinos que foron tratados con productos químicos ou calor e perderon o  seu perigo. Este tipo de vacuna activa o sistema inmune pero é incapaz de reproducirse no hóspede. A inmunidade xenerada de esta forma é de menor intensidade e suele durar menos tempo, polo que este tipo de vacuna suele requerir máis dosis. Exemplos de este tipo son: a gripe, cólera, peste bubónica e a hepatitis A.
  • Vivas atenuadas: microorganismos que foron cultivados expresamente baixo condicións nas cales perden as súas propiedades nocivas. Suelen provocar unha resposta inmunolóxica máis duradeira, e son as máis usuais nos adultos. Isto débese a que o microorganismo non se encontra inactivado e conserva a súa estructura. Por exemplo: a febre amarela,o sarampión, a rubéola  e paperas.
  • Toxoides: son compoñentes tóxicos inactivados procedentes de microorganismos, en casos donde eses compoñentes son os que de verdad provocan a enfermidade, en lugar do propio microorganismo. Neste grupo pódese encontrar o tétanos, por exemplo.
  • Subunitarias: introduce un compoñente subcelular purificado dun microorganismo (por exemplo, unha proteína) dentro do sistema inmunitario, para crear unha resposta inmunitaria. Un exemplo característico é a vacuna subunitaria contra a hepatitis B, que está composta soamente pola superficie do virus (superficie formada por proteínas).

As vacinas son o mellor dos métodos de curación das enfermedades infecciosas, xa que preveñen das enfermidades e a inmunidade que ofrecen é duradeira.

 A imaxe saqueina de:

http://demedicina.com

As miñas fontes de información foron:

http://es.wikipedia.org/wiki/Vacuna

http://demedicina.com

Este post foi elaborado por  Margarita Bernardez no curso 2011-12        

 

Tags: , ,