Mamuts no S. XXI ?

As avanzadas técnicas de clonación que permiten os exitosos resultados, de un 30% de efectividade, obtidos con probas en gando, fannos soñar coa posibilidade de clonar un Mamut Siberiano, que aínda que viviu entre fai 35.000 e 10.300 anos en toda europa, fai 3.600 anos extinguíronse os ultimos exemplares que vivian en siberia.

Pero as mostras utilizadas para a clonación experimental estiveron tan só 16 anos conxeladas, a diferenza dos 5000 anos que levaba conxelado o mamut no conxelador siberiano ata que o atoparon extraeron unha mostra. E sendo un animal que ten un período de xestacion de mais de 18 meses fai que aumenten as posibilidades de que non sexa exitosa a clonación. Según explica Elena Ibáñez, profesora do departamento de Bioloxía Celular, Fisioloxía e Inmunoloxía da Universidade de Barcelona, precísase unha célula da que extraer o ADN a clonar, e un óvulo fértil onde insertalo, logo de “reprogramar” o ADN para que naza un novo individuo. A falta dunha femia de mamut, haise que conformar cunha femia de elefante africano

 

imagen

Sería un gran avance da ciencia poder devolver a vida a un animal coma este, pero de conseguilo, non sei se sobreviviría ou lograria adaptarse ao clima da terra actual, decenas de miles de anos despois de que predominasen nas chairas europeas xeadas. Pero espero que o consigan, é un animal colosal e sería estupendo telo de novo connosco.

Fontes: Informativos telecinco, Gizmodo.es

Este post foi elaborado por Ivan Gandara no curso 2011-12 

 

Tags: , , ,