Potabilización da auga
A auga é un recurso existencial para o ser humano, é dicir, é imprescindible para que poidan vivir. Pero para o seu consumo polas persoas é necesario que previamente teña que pasar por unha serie de procesos que a fagan potable, esta serie de procesos chámase potabilización, e dáse en plantas potabilizadoras.
A auga que é potabilizada ven recollida do medio ambiente, é dicir, de ríos, embalses, lagos, acuíferos subterráneos, etc. E non pode ser recollida directamente dunha planta depuradora ou da desechada das cidades, ten que pasar por un proceso de depuración natural, o ciclo da auga, mediante o cal a auga que é vertida xeralmente ó mar, evapórase pola calor do sol e condénsase en formas de nubes, que posteriormente precipita en forma de chuvia, e chega por explo a ríos ou lagos, da cal é recollida e levada finalmente a unha planta potabilizadora.
Os procesos que se seguen nesta planta son de dous tipos, físicos, mediante o movemento da auga, filtros ou deixar decantar os residuos que contén a auga polo seu propio peso; ou químicos, mediante a utilización de elementos químicos que facilitan os procesos físicos.
Estes procesos son os seguintes:
-Aireación: En primeiro lugar a auga deposítase nun tanque que a remexe constantemente, favorecendo a osixenación desta, o que fai que os gases atrapados no auga escapen e provoca a morte dos organismos anaeróbicos que esta posúe.
-Tratamento con reactivos: Engádeselle cal o auga, esta reacciona cos elementos en forma de ións que contén e facilita a súa posterior decantación, isto consegue o abrandamento da auga.
-Abrandamento: Elimínanse por decantación as substancias formadas na reacción anterior, isto forma no fondo uns fangos que son eliminados pola parte inerior do tanque que contén a auga.
-Filtración: Engádense compostos a auga que provocan a formación de grumos e posteriormente a auga pasa por un filtro de area onde se eliminan os grumos formados.
-Desinfeción: Soe darse mediante un proceso de cloración con hipoclorito sódico,aínda que hai máis formas, esta é a máis común posto que é a máis barata. Este proceso serve para a eliminación dos microorganismos patóxenos que contén a auga.
-Almacenamento e distribución: O acabar todos os procesos anteriores, a auga xa depurada almacénase en tanques e de aí distribuese xa para o seu uso.
Un dos grandes problemas é que, a pesar de que a auga é considerada un dereito humano, a maioría da xente nos países subdesenvolvidos non teñen aceso a este ben tan básico. Esta desigualdade é debida en gran parte ao clima e as condicións económicas dos países, isto é, os países máis áridos teñen un menor aceso a agua potable, e ademáis, soe coincidir que estos países son os de menores recursos económicos, polo que, aínda que puidesen ter aceso a auga dificilmente esta podería ser tratada e potabilizada.
Este post foi elaborado por Alejandro Soto no curso 2011-12
Tags: Auga, potabilizacion