O GPS; perdécheste algunha vez?

O Sistema de Posicionamento Global (Global Positioning System), é un método de posiocionamento e navigación basado na sinais transmitidas pola constelación de satélites NAVSTAR (Navigation Satellite Timing And Rotating), que son recibidas por receptores portátiles en Terra. Foi deseñado para substituír aos sistemas previos como o foi o TRANSFIT. As sinais múltiples que se reciben simultáneamente provenintes das sucesivas posicións dos satélites, son empregadas para determinar a posición tridimensional do punto por coñecer.

O 22 de febreiro de 1978 púxose en órbita o primeiro dos satélites NAVSTAR, data que marcou un novo fito na historia da Navigación e Xeodesia en todo o mundo. O proxecto GPS determinou nun principio o lanzamento dun grupo de 10 satélites ou bloque experimental que tivo como obxectivo a determinación da efectividad do sistema. Despois destaas investigacións, púxose en marcha o 26 de xuño de 1993 o bloque operativo colocando en órbita o satélite 24 completando a actual constelación destes. Isto permite un cubrimento total de 24 horas en calquera parte do mundo cunha marxe de erro de 3 a 10 metros.

constelacion satélites

Os receptores GPS máis sencillos están preparados para determinar cun marxe mínimo de erro a latitude, lonxitude e altura o lugar onde nos atopemos situados. Outros máis completos amosan tamén o punto onde estivemos e incluso trazan de forma visual sobre un mapa a nosa traxectoria nun momento determinado.

O funcionamento básase tamén , a igual que os sistemas electrónicos antiguos de navigación, no principio matemático da triangulación. Por tanto, para calcular a posición dun punto será necesario que o receptor GPS determine con exactitude a distancia que os separa dos satélites.


Rematarei dicindo que este foi un gran avance na tecnoloxía. Sempre que queramos chegar a algún lugar etá ahí o GPS e aínda que o vexamos como unha cousa calquera deberíamos darnos conta de que a maioría das veces non alcanzaríamos o noso destino sen el.

Bibliografía:

asifunciona.com 

dlacuadra.com 

Imaxes:

Google imaxes

Este post foi elaborado por  Marcos Pascual no curso 2011-12       

 

Tags: , , ,