A illa dos paxaros…, vídeo para pensar e cambiar
Observa o seguinte vídeo, e pensa.
Despois de ver o vídeo fai un comentario, relacionando ciencia, tecnoloxía e sociedade.
Xa temos algúns comentarios, moi interesantes… se queredes ampliar información aquí tedes unha pequena presentación de 3 minutos de tve, pero resulta moito máis interesante o documental, Océanos de plástico (53 minutos), donde podedes atopar a visión da situación actual, como a nosa vida está rodeada de plásticos con todos os seus aspectos negativos… pero tamén un pouco de esperanza, cos esforzos de un grupo de persoas dispostas a facer algo por cambiar a situación.
Despois de velo, animádevos a facer un comentario… o plástico foi un gran descubrimento, que nos facilita a vida, permitindo o transporte de substancias, facer recipientes máis lixeiros e resistentes e fabricar multitude de obxectos…., pero de uso corto no tempo e efectos negativos moi duraderos… De quen é a culpa, cal é a solución?
Tags: contaminación, Impactos