Green…, verde esperanza?

Para rematar a nosa visión da relación entre ciencia, sociedade e tecnoloxía, recoméndovos a visión deste impresionante documental: Green Death of the Forests (Francia, 48 minutos), a historia dunha cría de orangután recollida nas selvas de Indonesia. Tedes un bo comentario da mesma, neste enlace do blog de Susana Pataro.

Green, do director Patrick Rouxel, foi elixida como gañadora da primeira versión do Festival Internacional de Cine da Antártida sobre o Medio e a Sustentabilidade, Ficams 2011.

Sen unha soa palabra, consegue darnos unha visión da situación actual e de como as accións do 20% da poboación causan un efecto patente sobre o outro 80%…. Rouxel ten un blog propio con moita información e suxestións para traballar o documental dende un punto de vista educativo.

Podemos pechar os ollos ante estas evidencias?

 imagen

 

Tags: , ,