Os transxénicos: milagro ou maldición?

imagen

 

Os alimentos transxénicos son alimentos sometidos á inxeñería xenética. Trátase de alimentos producidos a partir dun organismo ao cal se lle incorporan xens doutro organismo para dotalo de certas características impropias do alimento primixenio.

Para producir alimentos transxénicos utilízase unha tecnoloxía que permita facer unha recombinación de ADN, polo que se crean especies que nunca se poderían dar na natureza. Ademais, a ciencia actual non ten o nivel de coñecementos preciso para poder prever as consecuencias posibles destes cultivos contra-natura.

 

Moitos políticos, empresas e organizacións apoian o cultivo dos transxénicos, pese a que non hai coñecementos certeiros de como impactan estes na contaminación do solo, nas demais especies vexetais e animais que os rodean ou na perda de biodiversidade.

 

A utilización dos OMG (Organismo Modificado Xeneticamente ) na agricultura resulta prexudicial para os pequenos agricultores, pois teñen o seu monopolio grandes empresas metidas no campo da biotecnoloxía.

 

Hai, ademais, numerosos exemplos de industrias biotecnolóxicas que se negaron e omitiron facer públicos reportes negativos, como os signos de toxicidade dos seus alimentos.

Cada vez hai máis xente consciente do perigo biolóxico que supoñen os transxénicos e que se nega a consumilos, pero en moitas ocasións, estes chegan ao noso prato sen que nos deamos conta, ben a través de derivados dos produtos (lecitina de soia, fariñas, almidóns…) ou mediante a carne de animais alimentados con transxénicos.

 

Ben, está claro que o cultivo de transxénicos é o novo negocio lucrativo no que investir, porque, non nos enganemos, as persoas que poñen os alimentos modificados no noso prato non lles importa para nada que morramos de cancro, ou que unha nova alerxia cause grandes estragos entre nós, a xente que merca a súa comida no mercado ao prezo módico que ofrecen as súas fábricas, pois eles seguirán tomando os alimentos naturais, sans e ecolóxicos, cinco veces máis caros dos que nos queren privar.

 

Esta información recopileina na páxina de greenpeace sobre os tranxénicos e os transxénicos no noso prato

 

 

 Entrada elaborada no curso 12-13 por Irma Silva Hervella

 

Tags: ,