A serendipia

    Planeamos, proxectamos, analizamos, damos voltas e máis voltas.. E moitas veces a vida vai entretecéndose cos fíos do azar. A serendipia e un claro exemplo da sorte ou do azar, xa que é un descubrimento ou un hachazgo determinado que se produce cando se esta a buscar outra cousa distinta. Na historia da ciencia son frecuentes as serendipias. Por exemplo, Albert Einstein recoñece esta casualidade en algúns dos seus hachazgos.

    Existen tamén casos de serendipias nas obras literarias cando un autor escribe sobre algo que se imaxinou e que descoñece a súa época, posteriormente, demostrase que isto existe tal como o definiu o escritor, cos mesmos detalles, a serendipia non se pode confundir coa anticipación ou a ciencia-ficción, onde se adiantan inventos moito máis xenéricos que casi todo o mundo cree que probablemente existirán algún día.

    Esta palabra utilizouse moito nos seus oríxenes, pero foi caendo en desuso. Foi rescatada recentemente grazas ao renovado interese en este tipo de asuntos e outros motivos culturais, como unha película do ano 2001 dirixida por Peter Chelsom.

    Tamén se fala as veces das pseudoserendipias, nas cales o investigador, tras haber investigado moito sobre algo sen obter resultados, consegue finalmente o seu obxetivo, pero a causa dun accidente fortuito o unha revelación.

     imagen

     Os casos máis coñecidos da serendipia:

    • Unha mazá que cae o chan aos pés de Newton dálle a primeira idea da lei da gravitación universal.
    • Whler produce urea en lugar de ácido amónico.
    • Un soldado francés do exercito de Napoleón halla unha pedra cunha estraña inscrición mentres reparaba unha forte cerca da poboación de Rosetta, e estas palabras proporcionan a chave da historia do antigo Exipto.
    • Un mozo palestino lanza unha pedra a unha cova escura, escoita un son inesperado e da cuns manuscritos do Mar Morto.
    • Pasteur obtén cristais de unha forma única, xa que a temperatura no alfaiar da venta estaba por debaixo dos 26ºC.
    • Resistencia de unha muller a unha espantosa enfermidade é advertida por un medico rural e Jenner descubre a vacina.
    • Unha espora cae nunha placa de Fleming e iso abre a era dos antibióticos.

    A penicilina, as sulfamidas, as cefalosporinas e a ciclosporina foron descubertos tamén por accidente. Moitos fármacos foron encontrados tamén por medio da serendipia. Un fármaco utilizado con un propósito encontrouse a miudo efectivo para outro completamente distinto e as veces máis importante. A aspirina foi preparada por primeira vez para usarse como un antiséptico interno, e non resultou efectiva pero en cambio encontrouse que era un valioso analxésico e un fármaco antipirético(que baixa a febre). Hai moitos casos máis como unha pantalla fluorescente que reluce na escuridade e os cristais fosforescentes expoñen unha placa fotográfica envolta en papel negro.

      Algunhas formas de propiciar a serendipia:

    • Improvisar e probar
    • Ampliar perspectivas
    • Experimentar
    • Utilizar o pensamento lateral
    • Saír da zoa do confort
    • Utilizar técnicas disruptivas e de retrospección
    • Ser resiliente

     As persoas resilientes non so son capaces de loitar para adaptarse a acontecementos adversos senón que teñen a habilidade de descubrir en eles posibilidades inesperadas.

    Bibliografía:

    Hispanoteca(Archivo sobre la serendipia)

    Estudo feito polo instituto Santiago Apostol

    Blog Buenhabit

    Estudo de Roberts(Ciencia por Casualidad)

    Fotografía:

    Blog Buenhabit

    Entrada elaborada no curso 12-13 por Noelia González Troncoso
 

Tags: