Mamar é a leite !

 Recentes estudos afirman que a lactancia materna é o mellor seguro sanitario para o bebé e para a nai. Tomala pode aportar importantes beneficios para a saúde durante a infancia e ó alcanzar a idade adulta; tanto é así que algúns científicos estableceron que a leite humana é o máis similar ó ansiado remedio universal, capaz de curar todos os males.

  •  Produtivo para o bebé:

1.     Un protector contra o cancro. A eliminación do cancro débese a presenza na leite dunha substancia chamada TRAIL. Ademáis han identificado unha alfa-lactoalbúmina, co nome de HAMLET que, cando entra en contacto co ácido oleico -presente no estómago dos recén nados-, acaba coas células tumorales.

2.   Despídete da gordura. Os nenos que recibiron esta forma de nutrición evacúan  con máis facilidade cando se senten cheos, o que lles permite comer de maneira máis saudable e equilibrada una vez que alcancen a idade adulta.
3.     Azúcre para o intestino. A leite materna está repleta de oligosacáridos que chegan intactos ó intestino, onde rompen en pequenos fragmentos que as bacterias boas do aparato dixestivo emprega para obter enerxía. Neste proceso, algúns microorganismos protéxennos de enfermidades gastrointestinais ou infeccións respiratorias.

imagen
4.    Cantos máis, mellor. O conxunto de organismos que favorecen ó sistema inmune e potencia   os xenes relacionamos coas defensas é máis variado nos bebés amantados.

5.    Litros de saúde mental.  O contacto do bebé coa nai mellora a capacidade de interración reducindo os problemas de socialización, ademais da agresividade.
6.    O mellor da clase. Os nenos que maman renden máis na clase,  coa posibilidade de aumentar o cociente intelectual un 7´5 puntos sobre a media.
7.    Corazón de ferro. O calostro da leite materna propio dos primeiros días tras o parto conten abundantes sales para tratar de evitar as enfermidades cardiovasculares.

8.     Prohibido o paso VIH. A leite humana aniquila sen piedade ó virus do sida.

  •  Produtivo para a muller:

As nais tamén se beneficias ó amantar ós seus fillos. Esta práctica reduce o risco de padecer enfermidades cardíacas, diabetes de tipo dous, cancro de mama e de ovarios. Producir leite mobiliza a graxa feminina reducíndoa.

  •  Por si fora pouco, a leite contén células nai, que poderían empregarse para tratar males como a diabetes, o párkinson, o cancro ou lesións da medula espiñal.

De todos os xeitos, a lactancia materna, a pesar de todas as vantaxes que nos proporciona, mantén as súas taxas de amamantamento por debaixo das recomendadas, porque moitas veces, os que nos recomendan o biberón antes que a leite materna, dálles igual, tanto a saúde da nai como do fillo, o importante é un beneficio económico, que obviamente non se consegue con bebés amamantados. O biberón, foille quitando sitio a leite materna debido a unha serie de falsos mitos e prexuítos en canto a esta maneira de alimentación, que podemos encontrar en Amagintaza, un grupo que apoia a lactancia materna.

¿ E ti, que elixes ?

- As miñas fontes para recopilar esta información foron:

La universidad de medicina de Chicago.

Revista Muy interesante, número 378.

Un bloque de axuda ós pais.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Nuria Serodio González

 

Tags: ,