Orquídeas, especie amenazada.

Como acontece normalmente, non nos fixamos nen nos percatamos das cousas que, por así dicilo, non son relevantes na nosa vida de todos os días. Pero moitas especies no mundo da fauna e flora, están en continuo perigo por mor das nosas accións contra o medio no que viven.

Unha das especies en perigo de extinción, no mundo da flora, son as Orquídeas:

As orquídeas son monocotiledóneas e pertencen á familia Orchidacea. A maioría concéntranse nos bosques tropicais de Sudamérica, Australia e Nova Zelandia. Estas adoitan ser epífitas, en Europa tamén podemos atopar esta magnifica especie  en bosques abertos, húmidos e ricos en humus.

Neste caso, as orquídeas son terrestres, pero tamen existen orquídeas que non precisan da terra para vivir. A súa flor é hermafrodita e zigomorfa. Ten tres tépalos e tres pétalos, un deles transformado no labelo, que é unha estrutura típica das orquídeas.

As orquídeas podémolas atopar illadas ou estar en grupos formando inflorescencias e son polinizadas por insectos ou aves, que son atraídos polo seu arrecendo e as súas cores rechamantes ou tamén  polas distintas formas do seu  labelo.

O insecto ou ave que se pouse nelas, o tocar o labelo para alcanzar o néctar do nectario, imprégnase de polinios que vai a atransportar de flor en flor, posibilitando así a fecundación destas plantas. Tamén é frecuente a multiplicación vexetativa a través de propángulos ou bulbillos. As sementes son numerosas e tan pequenas que é o vento quen lles dispersa coma se fosen esporas. Para que as sementes germinen necesitan da presenza duns fungos específicos.

imagen

En Europa, o interese polo cultivo de orquídeas xurdiu a partir das expedicións do século XVIII que se realizaron a América. Hoxe día, a orquídea é unha planta ornamental moi apreciada, que ten unha gran importancia económica a nivel mundial. Entre os países produtores de orquídeas están: Brasil, China, Costa Rica, Estados Unidos, Filipinas, Indonesia, Países Baixos e Tailandia. Grazas á demanda destas flores por parte dos países desenvolvidos, impulsouse o mercado de exportación en países en vías de desenvolvemento.

 imagen

A familia das orquídeas está incluída no Apéndice II de CITES , incluíronse neste apendice porque é o que prótexe a especie dunha masiva comercialización. Para poder comercializar estas epecies deben contar cun permiso de importación de dela. Pero o mellor xeito de protexer estas especies é conservando o seu hábitat. Nalgúns países, como en México existen programas de desenvolvemento sostible de especies en perigo de extinción.

Fontes de información:

Apéndices I, II e II do CITES

-  ‘La Enciclopedia del Estudiante’ 

Entrada elaborada no curso 12-13 por Laura Guerrero Gómez

 

Tags: ,