Lácteos, a cruel realidade.
Dende que nacemos, ensínan nos e dannos a entender que os animais son para o noso uso, para ser explotados e matalos para beneficio propio. Considérase isto como especismo, unha forma de discriminación como pode ser o racismo ou o sexismo. Crer a unha especie inferior polos seus rasgos, é unha atrocidade.
Este tema dá moito que pensar, porque os animais teñen os mesmos dereitos que nós a vivir unha vida digna, a non seren utilizados para o noso uso e goce, a non vivir en gaiolas, a non seren separados da súa nai. Teñen dereito a vivir, non a sobrevivir.
A crueldade dos lácteos;
O leite, os iogures, o queixo e demais derivados son alimentos que se encontran en calquera fogar e supermercado, pero, en realidade sabemos cal é o proceso ao que someten as vacas para a súa obtención?
As vacas, como calquera outro mamífero, para producir leite teñen que estar en estado de xestación. Estas son preñadas unha ou máis veces no ano para non parar a produción de leite, son conectadas a aparatos succionadores que lles causan feridas e infeccións nas ubres.
No momento no que teñen o tenreiro, é separado da súa nai ao nacer ou poucos días despois. Ese tenreiro se está en condicións será a carne que ves nos supermercados, se é femia críase para facerse vaca leiteira e os menos sans terminarán converténdose en comida para animais.
Estes mamíferos están sendo utilizados, explotados, maltratados e sacrificados polas industrias leiteiras. A caso isto non é un crime?
(déixovos un vídeo, é en inglés pero enténdese á perfección, se tedes un minuto parádevos a velo)
Os animais , sexan gatos, cans, vacas, aves, peixes, porcos.. Son animais, teñen dereitos, non son inferiores nin son para o noso consumo. Non ao especismo, respéctaos.
Páxinas de referencia:
(nestas páxinas atópase interesante información sobre os temas tratados)
Entrada elaborada no curso 12-13 por Laura Guerrero Gómez
Tags: animais, especismo, lacteos, maltrato animal