Para qué os queremos?

<!–[if gte mso 9]> <![endif]–>

Os órganos vestixiais son aqueles que debido á evolución, seguimos conservando no noso corpo en herdanza dos nosos antepasados, pero que deixaron de desempeñar a súa función orixinal.
Ao contrario do que a maioría pensa, un órgano vestixial non é unha estrutura de todo inútil, senón simplemente unha que si ten funcións, pero sen un papel importante se os comparamos con outros de maior importancia.

Algúns dos órganos vestixiais máis coñecidos da historia son os seguintes:

· As moas do xuízo: Na antigüidade estas moas (tamén coñecidas como terceiros moais ou cordais) eran moi utilizadas debido á dureza dos alimentos e para aumentar a potencia mastigatoria. Pero, na actualidade, non teñen unha función específica e o seu nacemento é tan doloroso a causa de que cada vez a nosa mandíbula foise encollendo co paso dos anos e polo tanto agora teñen un espazo máis pequeno do que dispuñan os nosos antepasados.

imagen

· O coxis: Trátase dun óso na punta inferior da columna vertebral. Forma parte do óso sacro e é dun tamaño moi pequeno. Aínda que axuda a facer máis leve as caídas, sentarse, manter o equilibrio e é un sitio de inserción dalgúns músculos, non desempeña un papel importante e é susceptible a lesionarse por caídas. O coxis é un órgano vestixial debido a que provén da cola que posuían os nosos ancestros e que posúen embrións humanos ata comezos da oitava semana. Co  logro bípedo dos nosos antepasados e comezar a vivir na terra e non nas árbores, a cola foi cada vez máis innecesaria e foi desaparecendo co tempo.

 imagen

· O apéndice: O apéndice forma parte do intestino groso, concretamente do cego. Na actualidade é un vestixio evolutivo sen función, aínda que se investiga se puidera ter algunha importancia inmunitaria, cousa pouco probable. É un órgano que noutros mamíferos herbívoros chegase a desenvolver na súa totalidade, sendo de maior tamaño e tendo como función o almacén de celulosa para ser dixerida por bacterias. Isto indica o noso pasado herbívoro, xa que agora somos incapaces de dixerir a celulosa.

imagen

· O pel de galiña: O acto de poñerse o pel de galiña é un reflexo vestixial que se produce por situacións emocionais fortes. Os músculos piloerectores provocan a erección do pelo. A súa función hai miles de anos era a de aparentar un maior tamaño para asustar os seus inimigos. A pel de galiña só ten certa utilidade en situacións de frío para evitar perder a calor, pero a súa eficacia é case nula.

 imagen

 Outros exemplos de órganos vestixiais son: os pezóns do home, o tubérculo de Darwin, a terceira pálpebra ou  plica semilunaris ou as amígdalas.

Fontes de información:

- Artigo de ESTHER SAMPER (SHORA) no periódico dixital “Soitu.es”

Imaxes:

- Foto das moas do xuízo do blogue odontolóxico “Dentistas.de”
- Foto do apéndice do blogue de medicina “DeMedicina”
- Foto do coxis dun blogue médico “Compañia Médica”
- Foto da pel de galiña dun blogue persoal

Entrada elaborada no curso 12-13 por Rocio Nodal Rodríguez

 

Tags: , ,