Redución do cerebro humano, unha sinal da civilización.

O cerebro humano reduciu o seu tamaño nos últimos 30.000 anos. Concretamente, as últimas medicións revelan que o volume medio do cerebro do Homo sapiens neste período diminuíu un 10%, é dicir, duns 1.500 a 1.359 centímetros cúbicos, o equivalente a unha pelota de tenis. Un fenómeno intrigante para os antropólogos, que na súa maioría ven un efecto da evolución cara ás sociedades máis complexas, segundo traballos recentes. Estas medicións foron establecidas a partir dos cranios achados en Europa, Oriente Medio e Asia , segundo o antropólogo Jonh Hawks foi unha redución moi grande nun breve período evolutivo.

Segundo os antropólogos, esta diminución non é tan sorprendente na medida de canto máis músculo, máis cerebro fai falta para controlar ese corpo. O home de Neandertal , “primo” do home moderno, desapareceu hai 30.000 anos, e era máis corpulento e tiña un maior cerebro. O home de Cromagnon, que fixo as pinturas rupestres na gruta de Lascaux fai uns 17.000 anos, era o Homo sapiens dotado dun cerebro máis grande e era máis forte que os seus actuais descendentes.

imagen

  Eses trazos eran necesarios para sobrevivir nun entorno hostil, pero ao emerxer as sociedades máis complexas, o cerebro humano empequeneceuse porque os individuos xa non precisan ser tan intelixentes para sobrevivir, debido a que os demais os axudan. Pero esta redución non significa que os homes modernos teñan menos capacidades intelectuais que os seus ancestrais, senón que desenvolveron formas de intelixencia máis sofisticadas.

Segundo  o profesor Brian Hare existe un paralelismo similar entre os animais domesticados e os salvaxes, así por exemplo o can-lobo ten un cerebro máis pequeno que o do lobo, pero é máis intelixente e sofisticado, xa que pode comprender os xestos de comunicación dos humanos.

  Bibliografía:

Artículo El Pais digital 

Articulo revista (Muy interesante)

Imaxe: Blog tu espacio ( y el mío)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Noelia González Troncoso

 

Tags: , , ,