Uns ósos mais antigos que outros

Hai moitas evidencias que confirman que os organismos actuais son o resultado da evolución.

Evidencias paleontolóxicas- os fósiles: Un fósil é calquera evidencia de vida no pasado. Os diferentes estratos xeolóxicos pódense recoñecer a través dos fósiles que conteñen. Isto coñécese como a correlación dos fósiles: os fósiles que están depositados en estratos sucesivos ordénanse desde os máis antigos aos máis modernos, é dicir que os fósiles máis vellos son aqueles que se atopan nos estratos inferiores.

 

Obsérvase, ademais, que case todos os fósiles atopados nas capas de rocas máis baixas (e polo tanto máis antigas) son moi diferentes das formas modernas, ás que se van asemellando a medida que se avanza cara a arriba, cara ás rocas máis novas.

Dada a similitude morfolóxica entre algunhas especies fósiles e algunhas actuais, pódense establecer relacións de parentesco entre elas. Deste xeito os fósiles permiten ter un panorama dos cambios que ocorreron durante a historia da vida na Terra e, polo tanto, son unha proba da existencia da evolución.

A columna vertical de estratos xeolóxicos representa un rexistro tanxible que mostra que especies viviron e cando. Darwin observou que as especies intimamente afines tenden a atoparse preto unhas das outras en estratos sucesivos. É posible que esas secuencias sexan só coincidencia? Darwin consideraba que non, que as especies íntimamente afines sucédense unhas a outras no tempo e viven en espazos próximos porque están relacionadas.

Un bo exemplo das probas paleontolóxicas é o chamado archeopterix. Ao longo da historia recolléronse fósiles con características intermedias entre especies do mesmo grupo taxonómico diferentes.O Archeopterix é un bo exemplo diso, un animal entre ave e réptil. A partir dos fósiles puidemos reconstruír a historia evolutiva de moitos animais, por exemplo, os cabalos.

imagen

Os fósiles demóstrannos como as especies foron evolucionando e como se foron separando e diferenciando na gran variedade de especies actuais.

 

imagen

As páxinas consultadas foron:

-Proxectobiosfera(http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/4ESO/evolucion/5pruebas_de_la_evolucion.htm) Páxina moi explicativa onde se premes en contidos podes ver e entender todo o que teña que ver coa evolución humana.

-Blog ( http://oscaryhugopruebasdelaevolucion.weebly.com/prueba-paleontoloacutegica.html )Pequeno blog creado por Óscar e Hugo licenciados en Bioloxía con un máster en evolución.

- Museo vivo (http://museosvivos.educ.ar/?p=160 ) Páxina creada por un museo arxentino coa finalidade de ensinar.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Leticia González Álvarez

 

Tags: , ,