Os pinzóns das Galápagos
O 12 de Febreiro de 1809 nacía Charles Robert Darwin, o naturalista británico que sentou as bases da teoría moderna da evolución. En 1831, con só 22 anos, Charles Darwin embarca como naturalista no Beagle para unha viaxe de exploración arredor do mundo que duraría cinco anos. Aquela aventura foi o xerme dunha nova teoría da orixe e da evolución das distintas formas de vida na terra.
Ao longo da súa viaxe, o Beagle desembarcou en numerosos lugares, como Cabo Verde, San Salvador, Río de Janeiro, Montevideo, Bahía Blanca, Patagonia, Terra de Fogo, Valparaíso, Nova Zelanda, Sidney, Tasmania, Islas Cocos, Illa Mauricio e Cidade do Cabo; mais foi nas Illas Galápagos onde Darwin realizou a maior parte dos seus descubrimentos.
Percorrido do Beagle ao longo da súa expedición
Darwin puxera moitas expectativas neste arquipélago ecuatoriano, e non o defraudou. Non só pola xeoloxía, senón polo singular da súa fauna, e pronto ficou sorprendido pola gradación dos peteiros das diferentes especies de Pinzón, xerme das súas ideas sobre a selección natural.
Segundo puido comprobar o naturalista británico, a estructura destas aves difire considerablemente dunha illa a outra. As principais diferenzas atópanse nos seus peteiros, adaptados ás diferentes fontes de alimento de cada hábitat. A continuación, as diferentes especies de Pinzóns que descubriu Darwin nas Illas Galápagos e as súas principais características:
- O pinzón vampiro da Illa de Wolf (Geospiza difficilis septentrionalis) emprega o seu afiado peteiro para lanzarse sobre os alcatraces e chucharlles o sangue.
- O pinzón do cactus da Illa Genovesa (Geospiza conirostris) desenrolou un peteiro máis longo para poder chegar ás flores dos cactus e comer o seu néctar sen cravarse as espiñas.
- O pinzón terrestre da Illa de Santiago (Geospiza magnirostris) desenrolou peteiros cortos, anchos e duros para poderen triturar as sementes que atopan no chan.
- O pinzón terrestre da Illa de Santa Cruz (Geospiza fuliginosa) come os parásitos e insectos que invaden a pel das tartarugas xigantes das Galápagos.
- O pinzón do pantano da Illa de Isabela (Camarhynchus heliobates) aprendeu a empregar unha palliña para sacar as larvas fóra das plantas e así poder comelas.
- O trinador da Illa Española (Certhidea olivacea) ten un peteiro puntiagudo e longo para alcanzar as larvas dos insectos dos que se alimenta, agochados no interior de pequenos buratos.
Diferentes especies de Pinzóns nas Illas Galápagos
Así, cos Pinzóns das Galápagos, a natureza demóstranos, unha vez máis, o incríble que é, e a cantidade de marabillosas especies de seres vivos que temos ao noso arredor.
Fontes de Información:
MuyInteresante.es - Páxina web da revista ‘Muy Interesante’. Especial Darwin.
Educarm.es - Páxina web da Asociación Cultural Paleontolóxica Murciana.
Entrada elaborada no curso 12-13 por Andrea Rubi Gómez.
Tags: Beagle, Charles Darwin, evolución, Illas Galápagos, pinpíns