Que dicimos con Teoría Sintética?
Unha das cousas en que se basea a teoría de Darwin da evolución por selección natural é que os individuos transfiren trazos á seguinte xeración da súa especie. A teoría sintética da evolución baséase na análise evolutiva dos seguintes factores: a deriva de mutación, a recombinación, a selección natural a migración e a xenética.
Dende 1900 ata aproximadamente 1920, os partidarios da xenética mendeliana crían que só as mutacións foron responsables da evolución e a selección natural non importaba neste proceso.
Despois de que varios científicos comezasen a conciliar as ideas da selección natural cos feitos da xenética, culminouse coa formulación da teoría sintética da evolución, que tamén se pode chamar neo-darwinismo.
Como Darwin propuxera, esta teoría considera que a poboación debe ser una unidade na evolución, xa que ísto varia moito según especies. Unha poboación pode definirse como un grupo de individuos da mesma especie que se producen na mesma área xeográfica.
Cada poboación ten un conxunto de xenes en particular, que se pode cambiar en función de factores evolutivos. Ahí é donde entra en xogo o factor visible desta teoría, onde podemos observar os cambios nas especies. (EX: As falaenas do bidueiro)
O conxunto xenético son tódolos xenes dunha poboación, polo que canto maior sexa o conxunto xénico da poboación, maior é a variabilidade xenética, é dicir, mais especies diferentes e mellor adaptadas poden surxir grazas a esta adaptabilidade
Bibliografía:
Universidad Autónoma de Madrid
Web Intercambio Información (Tesis, publicacións y documentos informativos xenerais)
Web Aprendizaxe (Escuelapedia) Redaccións baixo licencias de Creative Commons Share-Alike que controla las publicacions.
Entrada elaborada no curso 12-13 por Matías Leandro Engster
Tags: Adaptación, darwin, Teoria sintética