O home habilidoso.

É o primeiro Homo do que se acharon restos, estos atopáronse en Tanzania. Viviu hai uns 1,8 millóns de anos. O seu nome provén de que xunto aos seus fósiles se atoparon unha serie de útiles de pedra, moi primitivos, que se supón que foron creados por el e ten como significado ‘home habilidoso’. En canto as súas características, este Homo tiña o cranio mais redondeado e maior que os dos autrolopitecos, os seus dentes eran como os dos humanos, a pelve tiña un aspecto mais moderno, os ósos tanto das mans como os dos pés estaban mais próximos aos seres humáns modernos que aos austrolopitecos. Tiñan uns brazos mois longos con respecto as súas pernas. Suponse que foron os que comezaron a perder o pelo corporal. O seu cerebro creceu arredor dun 44%. Na súa dieta predominaban os alimentos duros e de orixe vexetal, pero incluían carne.

imagen

Son os primeiros humanos traballadores que tiñan a capacidade técnica para fabricar utensilios. Fabrican as primeiras ferramentas de pedra, perfeccionadas despois por Homo erectus, como son os cantos rodados. Hai estudos nos que se di que o desgaste da súa dentadura mostra que a súa dieta incluía carne, pero nos se pode decir que foran cazadores, practicaban o carroñeo. O Homo habiliis non coñecía aínda o uso do fogo nin tiñan unha linguaxe articulada.

Esta información foi recollida dos seguintes sitios:

- O libro de CCMC.

- Portal planeta sedna é unha páxina dedicada a un proxecto persoal dedicado as persoas curiosas do planeta que viven sorprendidas ante este misterioso universo e se esforzan día a día para comprendelo un pouco mellor.

- Portallicencia.net esta páxina ten numerosos premios ao mellor portal sobre ciencias e tecnoloxía.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Anabel Fernández Canosa

 

Tags: ,