Camiños da evolución.

A evolución é caprichosa e as veces fainos quedar sorprendidos. Grazas a selección natural o cabo dos millóns de anos os seres vivos foron evolucionando ata ser o que son no noso tempo. Pero a evolución non termina xa que as condicións do medio varían e se os animais non se adaptasen non poderían sobrevivir, pero é curioso descubrir casos especiais da evolución, ramas perdidas que non teñen sentido que a pesares de non estar o suficientemente acondicionados poden sobrevivir igualmente, agochados pasando desapercibidos as nosas miradas e que cando as posamos neles aparecen fermosas criaturas ou horribles monstruos que xamais imaxináramos.

imagen

  Un dos primeiros pasos da evolución terrestre ocurriu cando os animais acuáticos atrevéronse a ascender a terra firme, este feito foi un gran acontecemento evolutivo e do que aínda non se conseguen determinar algúns eslabóns perdidos. Un deles poderían ser os peixes pulmonados como os dipnoos que son capaces de levantalo seu corpo do fondo do fango cos seus dous finos membros pélvicos e camiñar.

 

imagen

Pero ademais comprobouse que os seus membros non só servían para levantar o seu corpo, senón para desprazarse cara adiante e este tipo de características soamente atribuíanselle aos tetrápodos que supostamente foran os primeiros en ter patas para caminar e adaptarse a vida terrestre. Por esta razón crese que rastros fosilizados atribuídos a estes animais foran feitos por antepasados dos actuais dipnoos. Coñécense tres xéneros vivos de peixes pulmonados, os cales viven en áreas de auga doce do leste de Australia, o sueste de África e o nordéste de Sudamérica onde recibe os nomes de piramboia, loloch e pira-cururú. O termo de ‘pulmonado’ débese á presenza dun pulmón especializado, o principal órgano respiratorio do peixe. As especies africanas necesitan saír á superficie para respirar mais a especie australiana pode obter suficiente osíxeno da auga, se esta é fluida e se renova. As crías dos dipnoos africanos e americanos teñen verdadeiras branquias externas, pero dexeneran coa idade.

 Webgrafía:

Os legados da historia evolutiva, introdución ao libro

Grupo Profesional de Licenciados/as en Psicoloxía e Especialistas en Psiquiatría.(entrada sobre os dipnoos)

 Blogue científico sobre os ”peixes caminantes”

Entrada elaborada no curso 12-13 por Tomás Valderrama Santomé

 

Tags: , , ,