O Homo sapiens encontrouse co Neandertal.
Entre un 1% e un 4% do ADN que temos nas nosas células é herencia directa dos Neandertalenses segundo os resultados do proyecto Genoma neandertal, aquí podedes ampliar información sobre esta investigación . Esta investigación indica que neandertales y Homo sapiens apareáronse, probablemente nalgún lugar de Oriente medio ou do norte de África fai uns 50.000 ou 80.000 anos.
A comparación dos Xénomas de ambas especies mostraron 78 xens que distinguen aos Homo sapiens de resto do reino animal, como a forma do cráneo ou a estructura do tórax.
A investigación pon en duda a visión que os científicos tiñan ata agora dos neandertales. En 1856, pensaron que eran unhas bestas frente ao Homo sapiens, pero ata día de hoxe a idea de que tiñan unhas aptitudes similares as nosas extendeuse.
Tamén estaban o descubrimento de que tiñan unha organización social complexa, que enterraban a algúns dos seus mortos preparándoos para o máis alá ou que tamén tiñan o xen da linguaxe idéntico ao noso.
A gran sorpresa foi a da investigación de que algunhas secuencias xenéticas dos neandertales coinciden coas do Homo sapiens de Euroasia e Oceanía pero non coas de África, isto significa que os xenes dos neandertais e os do Homo sapiens mesturáronse pouco antes ou pouco despois de que a nosa especie saíse de África.
Este proyecto foi levado a cabo durante catro anos e cinco millóns de euros e estivo dirixido por Svante Pääbo, investigador do Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva de Leipzig (Alemania) e pioneiro mundial no estudo xenético dos neandertales.
Fontes:
A gran parte da información foi atopada neste artigo :LaVanguardia.com , o cal foi escrito por Josep Corbella.
A información sobre Svante Pääbo foi buscada en : Departament of Evolutionary Genetics, páxina, na que nos fala da vida deste científico.
A información sobre o proxecto procurouse en : Mundo Neandertal: Proyecto Genoma Neandertal , un blog que nos da información sobre o proxecto xénoma neandertal.
Entrada elaborada no curso 12-13 por Anabel Fernández Giráldez