Automedicación… Coñeces os perigos?

Pouco se imaxinaba Alexander Fleming, o pai da penicilina, que a eficacia dos antibióticos estaría en perigo un século despois do seu gran descubrimento. Cada vez estámonos a volver máis resistentes aos antibióticos, e isto pode poñer en serio perigo a saúde global.

Non te automediques: Non pidas antibióticos na farmacia se o médico non chos prescribiu, nin tampouco utilices os que che sobraron dun tratamento anterior. A automedicación, sen dúbida, inflúe no feito de que a resistencia a este tipo de fármacos estea a aumentar no noso país. Non hai que esquecer que España é o segundo país europeo que toma máis antibióticos.

Non “esixas” ao teu médico que chos receite:  A cultura do fármaco segue estando moi presente no noso país. Algunhas persoas móstranse descontentas se o seu médico non lles receita ningún medicamento e pídenlle que lles prescriba algún produto para tratar o seu malestar. Os pacientes poden absterse de esixir aos médicos que lles dean antibióticos cando estes non sexan apropiados, advirten dende a OMS.

Cando os tomes, cumpre o tratamento: Utilizar os antibióticos de forma inadecuada facilita que o noso organismo se faga máis resistente a eles. Para evitalo é importante que, cando os tomes, respectes as doses e os días de tratamento marcados polo teu médico.
“os antibióticos serven para bacterias, non para virus,”. De aí que sexa un craso erro receitalos para a gripe común, algo non obstante moi frecuente.

 Campaña Min. Esp

O consumo excesivo ou mal subministrado ocasiona unha inmunidade fronte a eles, polo que poderemos volvernos débiles a enfermidades habituais e doadas de curar. Esta situación é moi perigosa e deberían facer que nos decatemos que os antibióticos non son un “caramelo” que podemos tomar todos os días

Bibliografía:

Antibióticos (Campaña Ministerio España)

Noscuidamos.com (Web saúde levada por especialistas)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Matias Leandro Engster

 

Tags: ,