Nós e o medicamentos.

   Se busscamos unha definición de medicamento atoparemos algo así;  é unha substancia con propiedades para o tratamento ou prevención de enfermidades nos seres humanos, pero que pasa se facemos un mal uso? Aínda que non sexamos moi conscientes a maioría de nós facemos un mal uso deles. Nunha Universidade de Sydney realizáronse  uns estudos sobre isto.

O mal uso de fármacos sin receta médica é a causa do 48 % das intoxicacións accidentales en nenos, das cales o 15% acaban hospitalizados según os estudos realizados pola Universidade de Novo Gales do sur en Sidney (Australia).

Para evaluar as súas reaccións , os científicos australianos examinaron as reaccións dos participantes ante determinadas situacións cos seus fillos como, por exemplo: que faría se o neno mostraba unha temperatura elevada e se mostra irritado pero sigue bebendo, comendo e xogando con normalidade.  A directora do estudo (Rebekah Moles) afirmou que : “Tras analizar tódolos escenarios propostos, o 44% dos adultos proporcionou unha dosis incorrecta de medicamentos aos nenos”. Ademais, detectouse que o 15 % dos participantes daban o fármaco aos nenos sen antes medirlle a temperatura e o 55% decidiu medicalos cando a temperatura era inferior a 38 grados. O paracetamol foi o tratamento preferido, independentemente de se o neno tiña febre ou non. Só o 14 % dos participantes manexou de forma correcta a situación na que o neno presentaba febre. Comprobaron que o 48%das consultas se deron por intoxicacións de nenos polo mal uso de medicamentos sin receta. De elas, o 85%, implicaba a nenos menores de cinco anos, e dentro destes, o 80% foron nenos menores de tres anos.

Eu opino que estes casos son moi comúns, e non somos conscientes deles, xa que ao ver que podemos conseguir medicamentos sen receita, creemos que non nos farán dano, e é entón cando os conseguimos por iso debemos de ser conscientes de que é algo que temos que remediar se queremos levar un mellor estilo de vida.

imagen

 Fontes:  A imaxe e parte da información foi atopada en :Red Del Tercer Mundo xunto con algo de información.

O resto da información procureina en páxinas como:  Europapress.es e CedimCat, as cales nos contan o experimento e nos dan información sobre como o fixeron.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Anabel Fernández Giráldez

 

Tags: , ,